DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2024 Páx. 54815

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2024 pola que se declaran as perdas de dereito ás axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 para a campaña 2023, cofinanciadas nun 80 % polo fondo Feader.

Pola Resolución do 15 de xaneiro de 2024 publicouse a relación de solicitudes aprobadas e denegadas das axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 para a campaña 2023, financiadas ao 80 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), reguladas na Orde do 15 de marzo de 2023 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

O artigo 26 da Orde do 15 de marzo de 2023 establece que as persoas interesadas propostas como beneficiarias dispoñerán dun prazo de dez días para a aceptación da resolución. Transcorrido o prazo sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada e non será admisible a renuncia posterior. Despois do prazo conferido, presentáronse unha serie de renuncias ás axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas. Unha vez analizadas as renuncias presentadas, procede declarar a perda de dereito ao cobramento da axuda.

O artigo 26 da citada orde dispón que as resolucións poderán ser notificadas de acordo co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo que a notificación se realizará mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Por outra banda, de conformidade co artigo 7.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 7/2014, do 16 de xaneiro, polo que se aprobaron os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria (en diante, Fogga), atribuíuse á Dirección do Fogga a potestade de resolver os procedementos de concesión de axudas que se tramiten no ámbito das súas competencias.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública na web do Fogga a relación das resolucións de perda de dereito ás axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do plan estratéxico da PAC, ao abeiro da Orde do 15 de marzo de 2023.

As persoas interesadas poden acceder á web, na seguinte ligazón:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/beneficiario_de_axudas_pac/campá-2023

Segundo. Poñer ao dispor das persoas interesadas as resolucións completas de perda de dereito indicadas no apartado primeiro mediante a aplicación para teléfonos móbiles «Sga@pp» dispoñible en Google Play ou en App Store, e no «Portal de axudas PAC» a través da seguinte ligazón:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/portal_de_axudas_pac

Terceiro. Contra as citadas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a presidenta do Fogga no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, conforme o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de interposición concluirá o mesmo día desta publicación no mes de vencemento, de conformidade co artigo 30.4 da citada lei.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2024

Juan José Cerviño Varela
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO I

Listaxe de solicitantes con perda de dereito ás axudas relativas
ás intervencións ambientais e climáticas (2023-2027)

Número de expediente do recurso

Nome e apelidos

NIF
da persoa

Liña

Importe aprobado

1232016000037

María Asunción Rodríguez Gómez

***8742**

9110070

4.600,00

1227016000238

Ganadería López, S.C.

J01804475

9110063

4.473,70

1227043000087

Teresa Freire Silva

***0381**

9110063

2.765,40

1227043000087

Teresa Freire Silva

***0381**

9110064

1.862,25

1227033000114

José Eduardo Arias Ferreiro

***9574**

9110063

13.307,10

1227033000114

José Eduardo Arias Ferreiro

***9574**

9110064

3.750,00

1227012000163

Constantin Coara

***7142**

9110063

698,50

1227037000086

María Olga Alba Alonso

***6743**

9110067

5.916,79

1227037000086

María Olga Alba Alonso

***6743**

9110070

2.000,00

1215006000267

Camino Duro SAT nº 966 XUGA

V15650385

9110063

4.008,40

1227016000181

A Campaza, S.C.

J27281443

9110065

1.328,00

1227060000144

Alsira Méndez Ledo

***0238**

9110063

1.994,30

1227016000115

Bispo, S.C.

J27448083

9110063

3.401,20

1227023000278

Diego Rodríguez Vázquez

***4963**

9110067

6.287,16

1227040000028

Erundina Castro Méndez

***3195**

9110067

18.467,45

1227060000070

Esther Otero Cadahia

***1960**

9110063

808,50

1227060000162

Gilberto Pérez Díaz

***4589**

9110063

1.277,10

1227060000225

Javier López García

***4502**

9110063

1.918,40

1227057000246

José Antonio Bello Rodríguez

***5691**

9110063

1.170,40

1227060000209

José García Viana

***1752**

9110063

1.530,10

1227060000178

María Luz Varela Blanco

***6477**

9110063

2.569,60

1227016000207

María Sol Blanco Argiz

***1930**

9110063

3.269,20

1227009000056

Os Penalvas, S.C.

J27386887

9110063

2.182,40

1215007000102

Leira Porta, S.L.

B05461645

9110067

8.162,21

1232043000063

Dennis Eliana Arcila Vélez

***0628**

9110070

2.480,00

1236020000122

Ganadería Varela Romeu, S.C.

J94066057

9110061

1.684,00

1236020000120

María Rosa Romeu Carballude

***0851**

9110061

3.480,00

1236020000121

Sara Varela Romeu

***9057**

9110061

2.874,00

1227026000265

Daniel Díaz Varela

***5521**

9110064

913,50