DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2024 Páx. 54814

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2024 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no segundo cuadrimestre do ano 2024, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2024

Jacobo José Aboal Viñas
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega
da Industria Forestal no segundo cuadrimestre do ano 2024

Convenio

Data da sinatura

Achega económica
da axencia

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) e a Fundación Arume para o estudo de casos de éxito e a proposta de accións en materia de produtos de alto valor baseados no piñeiro de Galicia

20.6.2024

37.841,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e o Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia para a elaboración dunha estratexia de comunicación a prol do fomento da utilización da madeira

1.8.2024

50.000,00 €