Antecedentes.
No Diario Oficial de Galicia núm. 108, do pasado 5 de xuño, publicouse a Orde do 22 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva (en diante, CGTD) para a tempada 2024/25, e se procede á súa convocatoria.
No Diario Oficial de Galicia núm. 165, do 28 de agosto, publicouse a Resolución do 14 de agosto de 2024 pola que se publica a concesión das prazas para os grupos de tecnificación e de rendemento deportivo, ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2024.
Na dita resolución, concedéronse as seguintes prazas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (en diante, CGTD):
– A Pablo Cabaleiro Fernández a praza de residente en tecnificación, na modalidade deportiva de loita. Segundo consta no anexo I da citada resolución, o deportista cursa no curso 24/25 1º de bacharelato.
– A Antón Cao Herva e a Carla Carrón Muíña a praza de residente 2, en rendemento na modalidade deportiva de piragüismo e natación, respectivamente.
– A Nicolás Braña Rial, Mauro Domínguez Figueira, Lucía Tenreiro Varela e Irene Lata Cagiao a praza de externo 2, en rendemento na modalidade de piragüismo.
– A Marta Novo Dios a praza de externo 2, en rendemento na modalidade de triatlón.
– E a Yassine Fouzi Laili a praza de externo 2, en rendemento na modalidade de loita.
Con data do 4 de setembro de 2024, Jacobo Cabaleiro Fariña, en calidade de pai de Pablo Cabaleiro Fernández, presenta a renuncia á praza de residente concedida. Con data do 9 de setembro de 2024 presentouse a renuncia á praza de residente 2 de Carla Carrón Muíña; con data do 14 de setembro de 2024 presentouse a renuncia á praza de residente 2 de Antón Cao Herva; con data do 19 de setembro de 2024 a renuncia á praza de externo 2 de Nicolás Braña Rial e Mauro Domínguez Figueira, e con data do 2 de outubro presentan a renuncia á praza de externo 2 os deportistas Lucía Tenreiro Varela, Irene Lata Cagiao, Marta Novo Dios e Yassine Fouzi Laili.
No anexo V.b) da Resolución do 14 de agosto de 2024 figura a relación de solicitudes para o grupo de tecnificación denegadas para as instalacións do CGTD de Pontevedra (ordenadas por deporte e puntuación). Así mesmo, no anexo III da citada resolución figura a listaxe de solicitudes para o grupo de tecnificación denegadas para as instalacións do CGTD de Pontevedra (por orde alfabética), con indicación do motivo de denegación.
Consideracións legais e técnicas.
O artigo 11.4 da Orde do 22 de maio de 2024 dispón:
«As baixas que se produzan unha vez publicada a lista definitiva teñen que ser comunicadas inmediatamente e por escrito polo/a interesado/a ao enderezo de correo cgtd@xunta.gal, para que poidan ser cubertas.
As baixas cubriranse, se así o considera oportuno a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, con deportistas pertencentes ás federacións nas cales se produzan as baixas e seguindo a listaxe de espera dos deportistas valorados e que non acadaron praza.
No caso do grupo de tecnificación, poderase ter en conta, por cuestións organizativas da residencia, que cumpran cos requisitos de curso e xénero do deportista que causou baixa, e que a organización da residencia permita».
Con relación á baixa presentada no grupo de tecnificación, e seguindo os criterios do artigo 11.4 da Orde do 22 de maio de 2024, Artai Czarnecki Pérez é a persoa deportista, na modalidade de loita ao que segundo a orde de puntuación que figura no anexo V.b) da Resolución do 14 de agosto de 2024 lle corresponde á praza, e que cumpre os criterios de admisión, toda vez que as dúas persoas que figuran antes por puntuación non cumpren os criterios de admisión, ao non cumpriren os requisitos académicos, segundo consta no anexo III da Resolución do 14 de agosto de 2024.
Con relación ás baixas presentadas no grupo de rendemento nas prazas de residente, e seguindo os criterios do artigo 11.4, o artigo 18 da Orde do 22 de maio establece, con relación ao número de prazas para o grupo de rendemento, que para externo/a 2 pode haber ata 160 prazas ofertadas na resolución, por decisión da Comisión de Selección segundo os criterios establecidos no punto 2.1 da convocatoria, e para residente 2 pode haber ata un máximo de 12 prazas (non poderán ser máis de 7 do mesmo sexo e, como máximo, 4 da mesma sección deportiva). O deportista Pedro Torrado Mollinedo, ao que se lle adxudicou unha praza de rendemento de externo 2 na modalidade de piragüismo, é o deportista na modalidade de piragüismo que máis acorde está para cubrir a baixa causada na residencia de homes pola renuncia de Antón Cao Herva, xa que a súa solicitude era de residente 2 para o grupo de rendemento cunha puntuación de 57 puntos, sendo conforme a dita puntuación o primeiro na lista de espera para ser residente 2 na residencia de homes.
Para cubrir a baixa de Carla Carrón Muíña na praza de residencia no grupo de rendemento de mulleres, non hai solicitantes en lista de espera na modalidade de natación, polo que a deportista Uxía Rodríguez Huertas, adxudicataria dunha praza de externo 2 no grupo de rendemento, é a deportista na modalidade de piragüismo solicitante de praza de residente 2 cunha puntuación de 46 puntos, sendo conforme á dita puntuación a primeira na lista de espera de rendemento como residente 2 na residencia de mulleres, que cumpre cos criterios anteriores.
En relación ás seis renuncias presentadas ás prazas de externo 2 do grupo de rendemento, adxudícaselle unha delas a Alex Pazos Amoedo, na modalidade de taekwondo, ao ser o solicitante de maior puntuación da relación de solicitudes denegadas de praza de externo 2 para o grupo de rendemento. As outras cinco prazas non se adxudican ao non haber máis solicitudes denegadas de praza de externo 2 para o grupo de rendemento.
Tendo en conta o exposto, e de acordo coa proposta da Secretaría Xeral para o Deporte, e en virtude das atribucións que me foron conferidas,
RESOLVO:
Modificar a Resolución do 14 de agosto de 2024 pola que se publica a concesión das prazas para os grupos de tecnificación e de rendemento deportivo, ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o CGTD para a tempada 2024/25, e se procede á súa convocatoria, nos seguintes puntos:
1. Outorgar a praza de residente 1 no grupo de tecnificación, á persoa deportista Artai Czarnecki Pérez, na modalidade de loita.
2. Realizar o cambio de praza de externo 2 a residente 2 no grupo de rendemento, aos deportistas Pedro Torrado Mollinedo e Uxía Rodríguez Huertas, na modalidade de piragüismo.
3. Outorgar a praza de externo 2 no grupo de rendemento a Alex Pazos Amoedo, na modalidade de taekwondo.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse un recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do dia seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do dia seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2024
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Decreto 136/2024, do 20 de maio e Orde do 12.6.2024;
DOG núm. 117, do 18 de xuño)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte
