Examinado o informe proposta emitido polo xurado encargado de avaliar as candidaturas presentadas ao distintivo Bandeira Verde segundo a Orde do 18 de marzo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia, resultan os seguintes
Antecedentes de feito:
Primeiro. O 20 de marzo de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 57) a Orde do 18 de marzo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia.
Segundo. O 30 de maio de 2024 rematou o prazo previsto no artigo 4 da orde, no cal se establece que as solicitudes se presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, e que o prazo para a presentación das solicitudes das candidaturas comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e durará ata o 30 de maio de 2024.
Terceiro. Dentro do prazo indicado recibíronse 34 solicitudes correspondentes aos concellos de Ribadeo (categoría 2), Oímbra (categoría 3), Silleda (categoría 2), Larouco (categoría 3), Curtis (categoría 3), Cervo (categoría 3), A Illa de Arousa (categoría 3), Porqueira (categoría 3), San Sadurniño (categoría 3), Ordes (categoría 2), Ares (categoría 3), As Neves (categoría 3), A Lama (categoría 3), Boiro (categoría 2), Porto do Son (categoría 2), A Pobra de Trives (categoría 3), Oza-Cesuras (categoría 3), Vilariño de Conso (categoría 3), Negueira de Muñiz (categoría 3), Sanxenxo (categoría 2), Muros (categoría 2), Carballo (categoría 2), Ribeira (categoría 2), Parada de Sil (categoría 3), Oleiros (categoría 2), Ponteareas (categoría 2), A Laracha (categoría 2), Sober (categoría 3), Lugo (categoría 1), Outeiro de Rei (categoría 3), O Valadouro (categoría 3), Begonte (categoría 3), Cospeito (categoría 3), Muíños (categoría 3).
Cuarto. De conformidade co previsto no artigo 7 da orde, requiríuselles aos concellos de Oímbra, Silleda, A Illa de Arousa, San Sadurniño, As Neves, A Lama, Boiro, Porto do Son, A Pobra de Trives, Oza-Cesuras, Negueira de Muñiz, Sanxenxo, Carballo, Oleiros, Ponteareas, A Laracha, Lugo, O Valadouro e Muíños, con data do 3 de xullo de 2024, que emendasen as súas solicitudes nun prazo de dez (10) días hábiles, coa advertencia de que, se así non o fixeren, se considerarían desistidos da súa petición.
Quinto. Os concellos de Oímbra, Silleda, A Illa de Arousa, San Sadurniño, As Neves, A Lama, Boiro, Porto do Son, Oza-Cesuras, Sanxenxo, A Laracha, Lugo e Muíños contestaron ao dito requirimento en tempo e forma.
Os concellos da Pobra de Trives, Negueira de Muñiz, Carballo, Oleiros, Ponteareas e O Valadouro non contestaron ao requirimento de emenda da súa solicitude.
Sexto. Analizada a nova documentación achegada por algúns dos concellos inicialmente requiridos, seguía a haber cuestións que xustificaban a realización dun novo requirimento, o cal se realizou con data do 26 de xullo de 2024 aos concellos de Oímbra, Silleda, A Illa de Arousa, As Neves, A Lama e Oza-Cesuras para que emendasen as súas solicitudes nun prazo de dez (10) días hábiles, coa advertencia de que, se así non o fixeren, se considerarían desistidos da súa petición.
Sétimo. Os concellos de Oímbra, Silleda e A Illa de Arousa contestaron ao dito requirimento en tempo e forma.
Os concellos das Neves, A Lama e Oza-Cesuras non contestaron a este segundo requirimento de emenda da súa solicitude.
Oitavo. O 20 de setembro de 2024 foi convocado o xurado encargado de valorar as solicitudes do distintivo Bandeira Verde de Galicia para a emisión do informe-proposta de recoñecemento dos distintivos, reunión que se produciu o 26 de setembro de 2024.
Fundamentos de dereito:
Primeiro. A persoa titular da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático é o órgano competente para resolver esta convocatoria, e isto con fundamento no disposto no artigo 11 da Orde do 18 de marzo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia (DOG núm. 57, do 20 de marzo).
Por outra banda, de conformidade co disposto nos artigos 6 e 11 da orde, a elaboración da proposta de resolución do recoñecemento do distintivo Bandeira Verde de Galicia correspóndelle á persoa titular do Departamento de Xestión Xurídico-Administrativa do Instituto de Estudos do Territorio, organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, na súa calidade de órgano instrutor do procedemento.
Segundo. O artigo 11 da Orde do 18 de marzo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia establece que o prazo máximo para resolver e notificar será de tres (3) meses, contados desde a data de entrada da solicitude no Rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase resolución expresa, entenderase rexeitada a solicitude, de conformidade co disposto no artigo 23 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. En aplicación do previsto no artigo 13 da Orde do 18 de marzo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia, e de conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a relación de concellos recoñecidos será publicada, así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático https://www.xunta.gal/medio-ambiente
De igual modo, o artigo 14 da orde prevé que os concellos premiados recibirán o distintivo Bandeira Verde de Galicia nun acto público, para o cal serán convocados coa oportuna antelación.
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático autoriza cada un dos concellos recoñecidos para poder utilizar o logotipo específico da bandeira durante un ano. O outorgamento deste distintivo constituirá mérito tanto para os efectos da obtención de subvencións en materia de patrimonio natural como de axudas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal.
Sen prexuízo do exposto, no caso de que algún concello premiado omitise ou falsease a documentación remitida para a obtención deste recoñecemento, poderase considerar a retirada do distintivo acreditado e, polo tanto, perder a condición de gañador que teña do distintivo Bandeira Verde de Galicia.
Cuarto. Do informe-proposta emitido polo xurado constátase que, do total das trinta e catro candidaturas recibidas, vinte e cinco reúnen os requisitos previos exixidos pola Orde do 18 de marzo de 2024 (Ribadeo, Oímbra, Silleda, Larouco, Curtis, Cervo, A Illa de Arousa, Porqueira, San Sadurniño, Ordes, Ares, Boiro, Porto do Son, Vilariño de Conso, Sanxenxo, Muros, Ribeira, Parada de Sil, A Laracha, Sober, Lugo, Outeiro de Rei, Begonte, Cospeito e Muíños), tendo en conta que os concellos da Pobra de Trives, Negueira de Muñiz, Carballo, Oleiros, Ponteareas, O Valadouro, As Neves, A Lama e Oza-Cesuras non acreditaron os criterios para a súa valoración, logo dos requirimentos efectuados, polo que se consideran desistidos das súas solicitudes.
Respecto das vinte e cinco candidaturas aptas, o xurado examinounas e valorounas en función dos criterios e do baremo establecidos no anexo I da orde, no cal se establecen os limiares mínimos necesarios para poder optar a este recoñecemento, para o que se teñen en conta as características dos concellos (superficie, poboación, orzamento utilizado...).
Quinto. Candidatura presentada polo Concello de Ribadeo:
O Concello de Ribadeo presenta un total de dezasete (17) accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación: 16 na alínea a), 7 na alínea b), 4 na alínea c) e 13 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, polo menos seis destas acadan a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atenden a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Ribadeo cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de seis iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 2.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Ribadeo.
Sexto. Candidatura presentada polo Concello de Oímbra:
O Concello de Oímbra presenta sete (7) accións na súa candidatura, encadradas nos catro ámbitos de actuación: 6 na alínea a), 5 na alínea b), 4 na alínea c) e 5 na alínea d).
En relación coas condicións previas para que as accións sexan susceptibles de ser avaliadas, segundo o anexo I da orde pola que se rexe a convocatoria, o Concello presenta dúas accións que se consideran incluídas nas que responden ao estrito cumprimento dunha norma xurídica ou ao normal desenvolvemento das competencias locais na xestión ordinaria das áreas de ambiente, paisaxe e resto de ámbitos de actuación relacionados co obxecto desta orde e, polo tanto, non se consideran iniciativas municipais orientadas á consecución de obxectivos de excelencia. En consecuencia, considérase que non cumpren os requisitos exixidos pola orde para seren avaliadas; son as referidas á Aprobación do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) e á Aprobación da modificación puntual nº 1 do PXOM.
Excluídas as dúas accións mencionadas, as outras cinco seguen a atender aos catro ámbitos de actuación: 5 na alínea a), 4 na alínea b), 2 na alínea c) e 4 na alínea d).
Finalmente, examinadas e avaliadas estas cinco accións, considérase que a proposta do Concello de Oímbra non acada a puntuación mínima exixida nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. As accións presentadas reciben unha puntuación insuficiente, en gran medida debido a que non xustifican o seu axuste a algún dos oito criterios establecidos na orde. Nos sucesivos requirimentos advertiuse que a valoración correspondente ao criterio non xustificado dunha determinada acción sería de cero puntos.
En consecuencia, proponse avaliar negativamente a candidatura do Concello de Oímbra.
Sétimo. Candidatura presentada polo Concello de Silleda:
O Concello de Silleda presenta sete (7) accións na súa candidatura, encadradas nos catro ámbitos de actuación: 2 na alínea a), 5 na alínea b), 1 na alínea c) e 1 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, polo menos seis destas acadan a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atenden a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Silleda cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de seis iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 2.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Silleda.
Oitavo. Candidatura presentada polo Concello de Larouco:
O Concello de Larouco presenta doce (12) accións que abranguen os catro ámbitos de actuación: 1 na alínea a), 6 na alínea b), 2 na alínea c) e 5 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, considérase que un mínimo de catro accións diferenciadas acadan a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atenden a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso. Cabe mencionar que algunhas delas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo elevado número de accións presentadas, moi superior ao mínimo requirido.
Considérase que a proposta do Concello de Larouco cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Larouco.
Noveno. Candidatura presentada polo Concello de Curtis:
O Concello de Curtis presenta dezaoito (18) accións na súa candidatura nos catro ámbitos de actuación: 6 na alínea a), 8 na alínea b), 6 na alínea c) e 11 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, considérase que un mínimo de catro accións diferenciadas acadan a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atenden a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso. Cabe mencionar que algunhas delas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo elevado número de accións presentadas, moi superior ao mínimo requirido.
Considérase que a proposta do Concello de Curtis cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Curtis.
Décimo. Candidatura presentada polo Concello de Cervo:
O Concello de Cervo presenta un total de once (11) accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación: 5 na alínea a), 4 na alínea b), 2 na alínea c) e 1 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de catro destas acadan a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atenden a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Cervo cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Cervo.
Décimo primeiro. Candidatura presentada polo Concello da Illa de Arousa:
O Concello da Illa de Arousa presenta un total de sete (7) accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación: 3 na alínea a), 5 na alínea b), 2 na alínea c) e 6 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de catro destas iniciativas acadan a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atenden a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello da Illa de Arousa cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello da Illa de Arousa.
Décimo segundo. Candidatura presentada polo Concello de Porqueira:
O Concello de Porqueira presenta na súa candidatura oito (8) accións nos catro ámbitos de actuación: 3 na alínea a), 3 na alínea b), 3 na alínea c) e 3 na alínea d).
En relación coas condicións previas para que as accións sexan susceptibles de ser avaliadas, segundo o anexo I da orde pola que se rexe a convocatoria, o Concello presenta unha acción que se considera incluída nas que responden ao estrito cumprimento dunha norma xurídica ou ao normal desenvolvemento das competencias locais na xestión ordinaria das áreas de ambiente, paisaxe e resto de ámbitos de actuación relacionados co obxecto desta orde e, polo tanto, non se considera iniciativa municipal orientada á consecución de obxectivos de excelencia. En consecuencia, considérase que non cumpre os requisitos exixidos pola orde para ser avaliada; a acción é a denominada Plan básico municipal.
Considérase que a proposta do Concello de Porqueira, mesmo tomando en consideración o punto anterior, cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Porqueira.
Décimo terceiro. Candidatura presentada polo Concello de San Sadurniño:
O Concello de San Sadurniño presenta vinte e dúas (22) accións na súa candidatura nos catro ámbitos de actuación: 9 na alínea a), 3 na alínea b), 2 na alínea c) e 8 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, considérase que un mínimo de catro accións diferenciadas acadan a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atenden a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso. Cabe mencionar que algunhas delas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo elevado número de accións presentadas, moi superior ao mínimo requirido.
Considérase que a proposta do Concello de San Sadurniño cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de San Sadurniño.
Décimo cuarto. Candidatura presentada polo Concello de Ordes:
O Concello de Ordes presenta dez (10) accións na súa candidatura nos catro ámbitos de actuación: 3 na alínea a), 4 na alínea b), 2 na alínea c) e 1 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de seis destas iniciativas acadan a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atenden a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Ordes cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de seis iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 2.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Ordes.
Décimo quinto. Candidatura presentada polo Concello de Ares:
O Concello de Ares presenta un total de dezasete (17) accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación: 11 na alínea a), 3 na alínea b), 3 na alínea c) e ningunha na alínea d).
O Concello de Ares, segundo o recollido na caracterización incluída no anexo I da orde, que determina as Actuacións e criterios de valoración para o recoñecemento do distintivo Bandeira Verde de Galicia, está encadrado nos concellos de categoría 3. Neste anexo I establécese para os concellos de categoría 3 que os catro ámbitos de actuación deben estar cubertos con iniciativas (de encadramento exclusivo ou compartido) que cumpran as puntuacións mínimas establecidas. Porén, para esta categoría permítese que, se existe un ámbito de actuación no cal non é posible encadrar unha acción das presentadas, pero a puntuación media acadada polas catro mellores iniciativas avaliadas iguala ou supera o 75 % da máxima posible (18/24 puntos), ese concello terá dereito á concesión do distintivo.
Considérase que a proposta do Concello de Ares cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3, encadradas en tres ámbitos de actuación e cunha valoración media que supera os 18 puntos.
Cabe mencionar que algunhas das accións presentadas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo elevado número de accións presentadas, moi superior ao mínimo requirido.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Ares.
Décimo sexto. Candidatura presentada polo Concello de Boiro:
O Concello de Boiro presenta un total de vinte e unha (21) accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación: 7 na alínea a), 6 na alínea b), 6 na alínea c) e 6 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, polo menos seis destas acadan a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atenden a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Boiro cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de seis iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 2.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Boiro.
Décimo sétimo. Candidatura presentada polo Concello de Porto do Son:
O Concello de Porto do Son presenta un total de cento trece (113) accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación: 45 na alínea a), 20 na alínea b), 12 na alínea c) e 97 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de seis destas iniciativas acadan a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atenden a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Porto do Son cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de seis iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 2.
Cabe mencionar que algunhas das accións presentadas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo elevado número de accións presentadas, moi superior ao mínimo requirido.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Porto do Son.
Décimo oitavo. Candidatura presentada polo Concello de Vilariño de Conso:
O Concello de Vilariño de Conso presenta once (11) accións na súa candidatura nos catro ámbitos de actuación: 9 na alínea a), 5 na alínea b), 1 na alínea c) e 10 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de catro destas iniciativas acadan a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atenden a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Vilariño de Conso cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Vilariño de Conso.
Décimo noveno. Candidatura presentada polo Concello de Sanxenxo:
O Concello de Sanxenxo presenta un total de once (11) accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación: 9 na alínea a), 7 na alínea b), 3 na alínea c) e 4 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de seis destas iniciativas acadan a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atenden a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Sanxenxo cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de seis iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 2.
Cabe mencionar que algunhas das accións presentadas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo elevado número de accións presentadas, moi superior ao mínimo requirido.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Sanxenxo.
Vixésimo. Candidatura presentada polo Concello de Muros:
O Concello de Muros presenta un total de corenta e cinco (45) accións ou iniciativas nos catro ámbitos de actuación: 26 na alínea a), 14 na alínea b), 26 na alínea c) e 40 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de seis destas iniciativas acadan a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atenden a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Muros cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de seis iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 2.
Cabe mencionar que algunhas das accións presentadas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo elevado número de accións presentadas, moi superior ao mínimo requirido.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Muros.
Vixésimo primeiro. Candidatura presentada polo Concello de Ribeira:
O Concello de Ribeira presenta doce (12) accións na súa candidatura nos catro ámbitos de actuación: 5 na alínea a), 8 na alínea b), 3 na alínea c) e 3 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de seis destas iniciativas acadan a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atenden a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Ribeira cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de seis iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 2.
Cabe mencionar que algunhas das accións presentadas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo elevado número de accións presentadas, moi superior ao mínimo requirido.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Ribeira:
Vixésimo segundo. Candidatura presentada polo Concello de Parada de Sil:
O Concello de Parada de Sil presenta corenta e dúas (42) accións na súa candidatura en tres dos catro ámbitos de actuación: 34 na alínea a), 8 na alínea b), ningunha na alínea c) e 9 na alínea d).
O Concello de Parada de Sil, segundo o recollido na caracterización incluída no anexo I da orde, que determina as Actuacións e criterios de valoración para o recoñecemento do distintivo Bandeira Verde de Galicia, está encadrado nos concellos de categoría 3. Neste anexo I establécese para os concellos de categoría 3 que os catro ámbitos de actuación deben estar cubertos con iniciativas (de encadramento exclusivo ou compartido) que cumpran as puntuacións mínimas establecidas. Porén, para esta categoría permítese que, se existe un ámbito de actuación no cal non é posible encadrar unha acción das presentadas, pero a puntuación media acadada polas catro mellores iniciativas avaliadas iguala ou supera o 75 % da máxima posible (18/24 puntos), ese concello terá dereito á concesión do distintivo.
Considérase que a proposta do Concello de Parada de Sil cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3, encadradas en tres ámbitos de actuación e cunha valoración media que supera os 18 puntos.
Cabe mencionar que algunhas das accións presentadas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo elevado número de accións presentadas, moi superior ao mínimo requirido.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Parada de Sil.
Vixésimo terceiro. Candidatura presentada polo Concello da Laracha:
O Concello da Laracha presenta catorce (14) accións na súa candidatura nos catro ámbitos de actuación: 10 na alínea a), 3 na alínea b), 2 na alínea c) e 1 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de seis destas iniciativas acadan a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atenden a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello da Laracha cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 2 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de seis iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 2.
Cabe mencionar que algunhas das accións presentadas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo elevado número de accións presentadas, moi superior ao mínimo requirido.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello da Laracha.
Vixésimo cuarto. Candidatura presentada polo Concello de Sober:
O Concello de Sober presenta oito (8) accións na súa candidatura nos catro ámbitos de actuación: 9 na alínea a), 5 na alínea b), 1 na alínea c) e 10 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de catro destas iniciativas acadan a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atenden a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Sober cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Sober.
Vixésimo quinto. Candidatura presentada polo Concello de Lugo:
O Concello de Lugo presenta oito (8) accións na súa candidatura nos catro ámbitos de actuación: 6 na alínea a), 7 na alínea b), 2 na alínea c) e 2 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de oito destas iniciativas acadan a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atenden a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a dous en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Lugo cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 1 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de oito iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 1.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Lugo.
Vixésimo sexto. Candidatura presentada polo Concello de Outeiro de Rei:
O Concello de Outeiro de Rei presenta vinte e seis (26) accións na súa candidatura nos catro ámbitos de actuación: 20 na alínea a), 14 na alínea b), 6 na alínea c) e 11 na alínea d).
Examinada a candidatura e avaliadas as accións, un mínimo de catro destas iniciativas acadan a puntuación mínima necesaria para a concesión do recoñecemento e atenden a todos os ámbitos de actuación definidos en número non superior a tres en cada caso.
Considérase que a proposta do Concello de Outeiro de Rei cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
Cabe mencionar que algunhas das accións presentadas poderían ser contabilizadas como unha única, xa que presentan natureza, carácter e obxectivos non claramente diferenciados e a súa diferenza radica tan só nos ámbitos xeográficos, temporais ou poboacionais, aínda que isto resulta irrelevante polo elevado número de accións presentadas, moi superior ao mínimo requirido.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Outeiro de Rei.
Vixésimo sétimo. Candidatura presentada polo Concello de Begonte:
O Concello de Begonte presenta catro (4) accións na súa candidatura en tres dos catro ámbitos de actuación: ningunha na alínea a), 3 na alínea b), 1 na alínea c) e 1 na alínea d).
O Concello de Begonte, segundo o recollido na caracterización incluída no anexo I da orde, que determina as Actuacións e criterios de valoración para o recoñecemento do distintivo Bandeira Verde de Galicia, está encadrado nos concellos de categoría 3. Neste anexo I establécese para os concellos de categoría 3 que os catro ámbitos de actuación deben estar cubertos con iniciativas (de encadramento exclusivo ou compartido) que cumpran as puntuacións mínimas establecidas. Porén, para esta categoría permítese que, se existe un ámbito de actuación no cal non é posible encadrar unha acción das presentadas, pero a puntuación media acadada polas catro mellores iniciativas avaliadas iguala ou supera o 75 % da máxima posible (18/24 puntos), ese concello terá dereito á concesión do distintivo.
Considérase que a proposta do Concello de Begonte cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3, encadradas en tres ámbitos de actuación e cunha valoración media que supera os 18 puntos.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Begonte.
Vixésimo oitavo. Candidatura presentada polo Concello de Cospeito:
O Concello de Cospeito presenta dez (10) accións na súa candidatura en tres dos catro ámbitos de actuación: ningunha na alínea a), 8 na alínea b), 3 na alínea c) e 6 na alínea d).
O Concello de Cospeito, segundo o recollido na caracterización incluída no anexo I da orde, que determina as Actuacións e criterios de valoración para o recoñecemento do distintivo Bandeira Verde de Galicia, está encadrado nos concellos de categoría 3. Neste anexo I establécese para os concellos de categoría 3 que os catro ámbitos de actuación deben estar cubertos con iniciativas (de encadramento exclusivo ou compartido) que cumpran as puntuacións mínimas establecidas. Porén, para esta categoría permítese que, se existe un ámbito de actuación no cal non é posible encadrar unha acción das presentadas, pero a puntuación media acadada polas catro mellores iniciativas avaliadas iguala ou supera o 75 % da máxima posible (18/24 puntos), ese concello terá dereito á concesión do distintivo.
Considérase que a proposta do Concello de Cospeito cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3, encadradas en tres ámbitos de actuación e cunha valoración media que supera os 18 puntos.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Cospeito.
Vixésimo noveno. Candidatura presentada polo Concello de Muíños:
O Concello de Muíños presenta cinco (5) accións na súa candidatura, encadradas nos catro ámbitos de actuación: 1 na alínea a), 2 na alínea b), 1 na alínea c) e 1 na alínea d).
Considérase que a proposta do Concello de Muíños cumpre as condicións mínimas exixidas nas bases da convocatoria para un concello do nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia. De conformidade co establecido, acádase o mínimo de catro iniciativas válidas estipuladas para os concellos de categoría 3.
En consecuencia, proponse avaliar positivamente a candidatura do Concello de Muíños.
Trixésimo. Candidatura presentada polo Concello das Neves:
En relación coa candidatura presentada polo Concello das Neves, e logo de analizada a documentación presentada, fáiselle un requirimento con data do 3 de xullo de 2024. Tras recibir a contestación ao requirimento, seguía a haber cuestións que xustificaban a realización dun novo requirimento, o cal se realizou con data do 26 de xullo de 2024.
Ao non ter contestación a este segundo requirimento, foi declarado desistido da súa solicitude, de conformidade co previsto no artigo 7 da Orde do 18 de marzo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MT401A).
Trixésimo primeiro. Candidatura presentada polo Concello da Lama:
En relación coa candidatura presentada polo Concello da Lama, e logo de analizada a documentación presentada, fáiselle un requirimento con data do 3 de xullo de 2024. Tras recibir a contestación ao requirimento, seguía a haber cuestións que xustificaban a realización dun novo requirimento, o cal se realizou con data do 26 de xullo de 2024.
Ao non ter contestación a este segundo requirimento, foi declarado desistido da súa solicitude de conformidade co previsto no artigo 7 da Orde do 18 de marzo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MT401A).
Trixésimo segundo. Candidatura presentada polo Concello da Pobra de Trives:
En relación coa candidatura presentada polo Concello da Pobra de Trives, e logo de analizada a documentación presentada, fáiselle un requirimento con data do 3 de xullo de 2024.
Ao non ter contestación a este requirimento, foi declarado desistido da súa solicitude, de conformidade co previsto no artigo 7 da Orde do 18 de marzo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MT401A).
Trixésimo terceiro. Candidatura presentada polo Concello de Oza-Cesuras:
En relación coa candidatura presentada polo Concello de Oza-Cesuras, e logo de analizada a documentación presentada, fáiselle un requirimento con data do 3 de xullo de 2024. Tras recibir a contestación ao requirimento, seguía a haber cuestións que xustificaban a realización dun novo requirimento, o cal se realizou con data do 26 de xullo de 2024.
Ao non ter contestación a este segundo requirimento, foi declarado desistido da súa solicitude de conformidade co previsto no artigo 7 da Orde do 18 de marzo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MT401A).
Trixésimo cuarto. Candidatura presentada polo Concello de Negueira de Muñiz:
En relación coa candidatura presentada polo Concello de Negueira de Muñiz, e logo de analizada a documentación presentada, fáiselle un requirimento con data do 3 de xullo de 2024.
Ao non ter contestación a este requirimento, foi declarado desistido da súa solicitude de conformidade co previsto no artigo 7 da Orde do 18 de marzo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MT401A).
Trixésimo quinto. Candidatura presentada polo Concello de Carballo:
En relación coa candidatura presentada polo Concello de Carballo, e logo de analizada a documentación presentada, fáiselle un requirimento con data do 3 de xullo de 2024.
Ao non ter contestación a este requirimento, foi declarado desistido da súa solicitude de conformidade co previsto no artigo 7 da Orde do 18 de marzo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MT401A).
Trixésimo sexto. Candidatura presentada polo Concello de Oleiros:
En relación coa candidatura presentada polo Concello de Oleiros, e logo de analizada a documentación presentada, fáiselle un requirimento con data do 3 de xullo de 2024.
Ao non ter contestación a este requirimento, foi declarado desistido da súa solicitude de conformidade co previsto no artigo 7 da Orde do 18 de marzo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MT401A).
Trixésimo sétimo. Candidatura presentada polo Concello de Ponteareas:
En relación coa candidatura presentada polo Concello de Ponteareas, e logo de analizada a documentación presentada, fáiselle un requirimento con data do 3 de xullo de 2024.
Ao non ter contestación a este requirimento, foi declarado desistido da súa solicitude de conformidade co previsto no artigo 7 da Orde do 18 de marzo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MT401A).
Trixésimo oitavo. Candidatura presentada polo Concello do Valadouro:
En relación coa candidatura presentada polo Concello do Valadouro, e logo de analizada a documentación presentada, fáiselle un requirimento con data do 3 de xullo de 2024.
Ao non ter contestación a este requirimento, foi declarado desistido da súa solicitude de conformidade co previsto no artigo 7 da Orde do 18 de marzo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MT401A).
En conclusión, vistos o informe-proposta de recoñecemento do xurado e a proposta de resolución da persoa titular do Departamento de Xestión Xurídico-Administrativa do Instituto de Estudos do Territorio, organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, na súa calidade de órgano instrutor do procedemento, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,
RESOLVO:
1. Recoñecerlles o distintivo Bandeira Verde de Galicia aos concellos de Ribadeo, Silleda, Larouco, Curtis, Cervo, A Illa de Arousa, Porqueira, San Sadurniño, Ordes, Ares, Boiro, Porto do Son, Vilariño de Conso, Sanxenxo, Muros, Ribeira, Parada de Sil, A Laracha, Sober, Lugo, Outeiro de Rei, Begonte, Cospeito e Muíños, de conformidade co previsto nos fundamentos de dereito.
2. Denegarlle o distintivo Bandeira Verde de Galicia ao Concello de Oímbra.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses que comezará a contar desde o día seguinte ao da súa notificación, a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Poderase igualmente interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun (1) mes que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa notificación, a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2024
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático
