DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2024 Páx. 56360

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 18 de xullo de 2024 pola que se resolve a liña 2 (plans de innovación en procesos e organización, Innovapeme) das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e plans de innovación en procesos e organización (Deseñapeme e Innovapeme), cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, convocadas pola resolución deste organismo do 29 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 31, do 13 de febreiro de 2024).

Mediante a Resolución da Axencia Galega de Innovación do 29 de decembro de 2023 (DOG núm. 31, do 13 de febreiro de 2024) convocáronse para o ano 2024 as subvencións para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e plans de innovación en procesos e organización (Deseñapeme e Innovapeme), cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3 (códigos de procedemento IN848E e IN848D).

Por medio da Resolución do 18 de xullo de 2024, da directora da Axencia Galega de Innovación (DOG núm. 146, do 30 de xullo), concedéronse as axudas convocadas pola Resolución do 29 de decembro de 2023. Ao se detectaren erros na instrución do procedemento, cómpre corrixir a Resolución do 18 de xullo de 2024.

De acordo con isto, e atendendo ao informe elaborado na sesión do 30 de setembro de 2024 pola Comisión de Selección,

RESOLVO:

1. Eliminar do anexo III de solicitudes inadmitidas da Resolución do 18 de xullo 2024 pola que se conceden as axudas da liña 2 (plans de innovación en procesos e organización, Innovapeme) para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e plans de innovación en procesos e organización, convocadas pola Resolución do 29 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 15, do 22 de xaneiro de 2024), as seguintes solicitudes:

Nº de expediente

Razón social

NIF

IN848D-2024-00000010-00

Hifas Innovation Hub, S.L.U.

B09861402

IN848D-2024-00000041-00

Equipos Lagos, S.A.

A15827298

IN848D-2024-00000063-00

Mueveteporelmundo, S.L.

B10608859

2. Concederlles as axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de innovación en procesos e organización (liña 2, Innovapeme, procedemento IN848D), ás entidades que obtiveron unha puntuación igual ou superior a 50 puntos, de conformidade co disposto no artigo 21.2 das bases reguladoras, que figuran como anexo I desta proposta.

O importe total das axudas concedidas é de 62.953,38 €, con cargo á aplicación orzamentaria que se recolle no seguinte cadro:

Aplicación orzamentaria

Código do proxecto

Liña

Ano 2024

Ano 2025

Total

09.A2.561A.770.0

2016 00013

Liña 2: plans de innovación en procesos e organización

128,33 €

62.825,05 €

62.953,38 €

3. A desestimación das solicitudes que acadaron unha puntuación inferior a 50 puntos, de conformidade co disposto no artigo 20.2 das bases reguladoras relacionadas no anexo II.

4. O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 31 da resolución de convocatoria.

5. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada nos artigos 29 e 30 da resolución de convocatoria durante o prazo establecido no artigo 28 nos seus puntos 1 e 2.

6. Contra esta resolución, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpor recurso de alzada no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da notificación da resolución, ante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2024

Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Proposta de concesión

Nº de expediente

Razón social

NIF

Puntos

Orzamento 2024

Orzamento 2025

Total orzamento

Axuda 2024

Axuda 2025

Total axuda

IN848D-2024-00000041-00

Equipos Lagos, S.A.

A15827298

67,5

256,66 €

125.650,10 €

125.906,76 €

128,33 €

62.825,05 €

62.953,38 €

Total

256,66 €

125.650,10 €

125.906,76 €

128,33 €

62.825,05 €

62.953,38 €

ANEXO II

Solicitudes desestimadas

Nº de expediente

Razón social

NIF

Motivos

IN848D-2024-00000010-00

Hifas Innovation Hub, S.L.U.

B09861402

1

IN848D-2024-00000063-00

Mueveteporelmundo, S.L.

B10608859

1

IN848D-2024-00000065-00

Kreios Space, S.L.

B05474267

1

1

Non acadar os 50 puntos que exixe o artigo 20.2 da convocatoria