DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2024 Páx. 56363

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2024 pola que se fai público o esgotamento do crédito orzamentario correspondente ao exercicio de 2024, destinado ao financiamento das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2024, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración eléctrica e comercio electrónico seguro (código de procedemento CO400B).

Mediante a Resolución do 27 de setembro de 2024 (DOG núm. 196, do 10 de outubro), o Instituto Galego do Consumo e da Competencia convoca e regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2024, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración eléctrica e comercio electrónico seguro.

No anexo I da dita resolución establécense as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas para o ano 2024, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración eléctrica e comercio electrónico seguro.

Tal como se establece no artigo 1.2 das ditas bases, o procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O artigo 10 das bases dispón que as axudas se concederán en actos sucesivos ata o esgotamento do crédito. O órgano xestor publicará no DOG e na páxina web do Instituto Galego do Consumo e da Competencia o esgotamento da partida orzamentaria e inadmitirá as posteriores solicitudes destinadas á subvención, salvo que se produza un incremento de crédito.

Unha vez esgotados os recursos económicos destinados a estas axudas previstas na Resolución do 27 de setembro de 2024, da Dirección do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convoca e se regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2024, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración eléctrica e comercio electrónico seguro,

RESOLVO:

Primeiro. Facer público que o crédito orzamentario asignado ao financiamento das axudas recollidas na Resolución do 27 de setembro de 2024 quedou esgotado con data do 11 de outubro de 2024 coa solicitude presentada ás 12.25 horas.

Segundo. Ordenar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso -Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde a mesma data. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2024

Gabriel Alén Castro
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia