DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2024 Páx. 56865

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de exposición pública do expediente de orde de execución subsidiaria para a xestión da biomasa vexetal de parcelas de propietarios descoñecidos ou de propietarios aos cales non se lles puido efectuar a notificación.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), e para que sirva de notificación ás persoas interesadas, ao ignorarse o lugar de notificación ou ao ignorar estas a notificación recibida para a xestión da biomasa, faise público que a alcaldesa presidenta adoptou a Resolución nº 2024-1182, do 16 de setembro de 2024, de inicio de expediente de execución subsidiaria por incumprimento da obriga de xestión da biomasa (artigo 22.2 y 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais) e liquidación provisional anticipada dos custos, que se indica a seguir:

Táboa de liquidacións

Expediente

Refencia catastral

Parroquia

Lugar/Polígono/parcela

ha afectada por execución subsidiaria

Liquidación provisional dos traballos de xestión da biomasa

Data constatación do incumprimento

Persoa responsable da xestión da biomasa

127/2022

36049A011003330001LR

Santa María

Noveleira, pol. 11, parc. 333

1.834,13 m2

917 euros

30.9.2022

Álvarez Ucha Candido (herdeiros de)

127/2022

36049A011003810000KQ

Santa María

Noveleira, pol. 11, parc. 381

61 m2

500 euros

30.9.2022

Díaz Ubeira Manuel

1299/2022

36049A042007870000KP

Soutelo

Madorro, pol. 42, parc. 787 con vivenda

324,07 m2

500 euros

14.11.2022

González Cayetano Nemesio

1329/2022

36049A016005220000KF

Santa María

Barral, pol. 16,

parc. 522

569,4 m2

500 euros

21.11.2022

Rivero Teofilo

1773/2022

36049A020014380000KO

San Xurxo

Vendanova, pol. 20, parc. 1438

343 m2

500 euros

22.11.2022

En investigación

1779/2022

36049A012019210000KS

Santa María

Veiga do Campo, pol. 12, parc. 1921

775 m2

500 euros

14.11.2022

Pérez Rodríguez Aurora (herdeiros de)

1780/2022

36049A033004040000KZ

Entenza

Torrón, pol. 33, parc. 404

1.899,62 m2

949,81 euros

2.6.2023

Sestelo Núñez Josefina (herdeiros de)

1780/2022

36049A033004030000KS

Entenza

Torrón, pol. 33, parc. 403

541 m2

500 euros

2.6.2023

Rodríguez Joaquina

1780/2022

36049A033004020000KE

Entenza

Torrón, pol. 33, parc. 402

302,48 m2

500 euros

2.6.2023

En investigación

1780/2022

36049A033003910000KT

Entenza

Torrón, pol. 33, parc. 391

2.239,2 m2

1.119.6 euros

2.6.2023

Rodríguez Díaz Lourdes

566/2021

36049A036000230000KY

Entenza

Castelo, pol. 36, parc. 23

480,66 m2

500 euros

14.10.2021

Fernández García María del Carmen

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á disposición destas nas oficinas municipais do concello de Salceda de Caselas, situadas na praza do Concello, núm. 12, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente:

a) Recurso de reposición potestativo ante a alcaldesa deste concello no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Salceda de Caselas, 4 de outubro de 2024

Mª Dolores Castiñeira Alén
Alcaldesa