De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 17 de xullo de 2024 (DOG núm. 144, do 26 de xullo).
Segundo. Adxudicar destino no posto de traballo que se indica á persoa que se relaciona no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria.
Terceiro. O cesamento no actual destino da persoa que obtivo a praza producirase, segundo o previsto no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, no prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa da súa Administración de orixe.
O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres (3) días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento se non implica cambio de residencia ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.
Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun (1) mes desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lles concedesen ás persoas designadas. No caso de incapacidade temporal, o prazo iniciarase a partir da data de alta.
Cuarto. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como a daquel en que obteña destino, efectuarán dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión.
Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2024
Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar
ANEXO
Apelidos e nome: Castro Pereira, Amador.
NRP: ******9657 A0006.
Subgrupo: A/A1.
Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Busca, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación.
Código: PE.C01.00.001.15770.060.
Nivel: 28.
Centro de destino: Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia.
Localidade: Santiago de Compostela.
* O NRP amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.
