DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 28 de outubro de 2024 Páx. 57530

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios 2024), susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG421A).

Advertidos erros na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 2, do 3 de xaneiro de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:

Nas páxinas 367 e 368, no artigo 16, onde di:

«Unha vez recaída resolución de concesión non se admiten modificacións.

No que respecta ás accións da letra b) do artigo 6.4 o cambio de programación dun ou de varios eventos expositivos por outro/s dentro do prazo de execución establecido na resolución de concesión non se considera modificación sempre e cando non exista ningunha alteración no número de pemes galegas participantes na dita acción».

Debe dicir:

«Unha vez recaída resolución de concesión non se admiten modificacións.

No que respecta ás accións da letra b) do artigo 6.4 permitirase o cambio de programación dun ou de varios eventos expositivos por outro/s dentro do prazo de execución establecido na resolución de concesión sempre que non supoña un aumento do número de pemes participantes, nin a substitución daquelas que fosen inicialmente beneficiarias».