DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 29 de outubro de 2024 Páx. 57911

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de abril de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023 (código de procedemento TU986B).

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 81, do 24 de abril de 2024, cómpre realizar a seguinte corrección:

Incluír na relación de entidades beneficiarias da subvención a seguinte beneficiaria:

«Entidade beneficiaria

Finalidade

Total subvención €

Noaru Apartamentos, S.L.

Illamento de fachadas, cambio de fiestras. Bombas de clima

18.333,75»