A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso/Administrativo número 1 de Ferrol, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 119/2024, en relación ao concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 13 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DOG número 94, do 15 de maio).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos a referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos a referida sala no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2024
Nuria Aguilar Vázquez
Directora Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
