DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 4 de novembro de 2024 Páx. 58647

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 16 de outubro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Xuio, Dornela e Valfrío, no concello do Carballiño.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 9 de setembro de 2024, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Nome do monte: Comunal de Xuio, Dornela e Valfrío.

Superficie: 3,34 ha.

Pertenza: veciños/as de Xuio, Dornela e Valfrío.

Parroquia: Lobás (Santa Ouxea) e A Piteira (San Miguel).

Concello: O Carballiño.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio 1:

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polo camiño correspondente á R.C. 32020A01709003.

Parcelas obxecto de

clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

32020A01702445

32020A01702521

Norte

32020A01700035

Leste

32020A01702446

32020A01709013

32020A0170393

32020A01701391

32020A01701386

Sur

32020A01701386

32020A01702487

Oeste

32020A01702487

32020A01709013

32020A01702444

Predio 2:

Parcelas obxecto de

clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

32020A01801865 (parte)

Norte

32020A01809005

Leste

32020A01809005

Sur

32020A01801404

32020A01801403

32020A01802064

Oeste

32020A01802064

32020A01801865 (resto)

32020A01801412

32020A01801415

32020A01809005

Os terreos correspondentes co predio 2, así como a extensión do predio 1 situado ao S do camiño coa R.C. 32020A01709003, están poboados por unha masa adulta de piñeiro do país procedente de rexeneración, en estado de fuste alto (predio 2) e bastío alto-fuste baixo (predio 1). O resto dos terreos, situados ao N do dito camiño, atópanse maiormente a raso, con algunha mancha localizada de carballos e acacias.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunos, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 16 de outubro de 2024

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense