DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 4 de novembro de 2024 Páx. 58429

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 8 de agosto de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de agosto de 2024 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo do persoal laboral da Xunta de Galicia e clasificación no corpo administrativo da Administración xeral (subgrupo C1), corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial (grupo B) e no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial (subgrupo C1); no corpo auxiliar da Administración xeral (subgrupo C2) e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial (subgrupo C2), da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no DOG núm. 160, do 21 de agosto, na páxina 47499, cómpre facer a correspondente corrección engadindo o seguinte punto:

«Primeiro bis. Mentres non se acorde outro réxime de aboamento, o persoal que realice a nocturnidade reflectida na relación de postos de traballo, percibirá a mesma cantidade que estaba a percibir por este concepto como persoal laboral do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

O persoal funcionario de carreira e interino que pase a ocupar calquera destes postos con nocturnidade e a realice, tamén a percibirá e polo mesmo importe.

Esta cantidade no réxime funcionarial terá a consideración de produtividade».