DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 4 de novembro de 2024 Páx. 58434

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ao esgotamento de crédito da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro de 2024) (código de procedemento TR349F).

Primeiro. A Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 20, do 29 de xaneiro de 2024), establece no seu artigo 4.1 que a concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. De ser o caso, de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relación Laborais o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Segundo. A Orde do 28 de decembro de 2023 establece no seu artigo 4.6 que a distribución provincial de créditos para o financiamento das axudas e subvencións previstas será directamente proporcional ao número de persoas paradas e á evolución do paro rexistrado no período 2017-2021, e inversamente proporcional á evolución da poboación no citado período, de acordo coa seguinte porcentaxe: A Coruña 33 %, Lugo 17 %, Ourense 17 % e Pontevedra 33 %. Se o orzamento asignado a cada provincia non é suficiente para pagar todas as axudas solicitadas, aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación en cada ámbito provincial. Para estes efectos terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentou de acordo co previsto no artigo 8 desta orde. No caso de coincidencia na data de presentación entre dúas ou máis solicitudes que correspondan ao mesmo ámbito provincial, a orde de prioridade virá determinada pola hora.

Terceiro. De acordo co artigo 4.1 da orde de convocatoria, o Programa financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 13.30.322C.470.3, código de proxecto 2016 00315, cun crédito de 1.350.000 euros (fondo finalista).

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, por delegación do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, en aplicación da disposición adicional primeira da Orde do 28 de decembro de 2023 e de acordo coas disposicións adicionais segunda e terceira do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria 13.30.322C.470.3, código de proxecto 2016 00315, ao abeiro do Programa (código de procedemento TR349F) da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024:

Provincia da Coruña: correspóndelle unha contía de 445.500 euros, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a correspondente ao expediente TR349F 2024/96-1, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no artigo 8 da convocatoria o día 26.3.2024, ás 16.38 horas.

Provincia de Lugo: correspóndelle unha contía de 229.500 euros, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a correspondente ao expediente TR349F 2024/40-2, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no artigo 8 da convocatoria o día 5.4.2024, ás 10.05 horas.

Provincia de Ourense: correspóndelle unha contía de 229.500 euros, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a correspondente ao expediente TR349F 2024/45-3, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no artigo 8 da convocatoria o día 4.6.2024, ás 19.04 horas.

Provincia de Pontevedra: correspóndelle unha contía de 445.500 euros, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a correspondente ao expediente TR349F 2024/103-5, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no artigo 8 da convocatoria o día 27.3.2024, ás 18.19 horas.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2024

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais