DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 4 de novembro de 2024 Páx. 58436

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2024 pola que se convoca a xornada A policía alén da seguridade cidadá.

A principal función constitucional das forzas e corpos de seguridade é a garantía dos dereitos fundamentais (artigo 104 da Constitución española). Porén, ás veces queda difusa na actividade de seguridade cidadá. Con esta xornada preténdese enfatizar e analizar ese labor de salvagarda dos dereitos das persoas, o que repercute igualmente na defensa da tolerancia, do pluralismo, da igualdade e da convivencia democrática, categorías cada vez máis transcendentes neste século XXI.

Por iso, dentro das actividades programadas para o ano 2024, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a convocatoria da xornada A policía alén da seguridade cidadá, consonte as seguintes bases:

1. Datos da actividade.

Denominación: A policía alén da seguridade cidadá

Tipo: xornada.

Horas lectivas: 4 horas.

Modalidade: presencial.

Lugar: sede da Academia Galega de Seguridade Pública.

Data: 27 de novembro de 2024.

2. Persoas destinatarias.

Persoal das forzas e corpos de seguridade, xudicatura, Ministerio Fiscal, persoal das administracións públicas, universidades e demais persoal interesado.

3. Prazas ofertadas: sen límite.

4. Programa.

10.00 horas: presentación

10.15 horas: panel 1: A visión da soidade.

11.30 horas: panel 2: A visión das policías.

12.45-13.00 horas: descanso.

13.00 horas: panel 3: A visión internacional.

14.15 horas: clausura.

5. Solicitudes de participación.

a) O persoal que desexe participar no curso convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal e non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

b) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano, computado desde o momento en que se detecte o feito.

c) É obrigatorio consignar no formulario de solicitude un número de teléfono móbil e un correo electrónico co fin de poder realizar as notificacións necesarias.

d) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado, que non se axusten ao formulario de solicitude ou que sexan presentadas fóra de prazo.

e) Prazo para presentar as solicitudes.

O prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 25 de novembro de 2024.

6. Formulario normalizado de solicitude.

a) O formulario de solicitude a que se refire a base anterior deberá cubrilo a persoa solicitante necesariamente a través da páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública, dispoñible no enderezo da internet http://agasp.xunta.gal

b) Para cubrir correctamente o formulario de solicitude, no citado enderezo da internet disporase de instrucións de axuda, que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes.

c) O formulario poderá ser cuberto ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

d) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Agasp a través do número de teléfono 886 20 61 10 ou do enderezo de correo electrónico formacion.agasp@xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

A Agasp publicará diariamente a listaxe de persoas admitidas, desde o día 22 de novembro de 2024, no sitio web agasp.xunta.gal

7. Obrigas das persoas admitidas.

As persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comuniquen a súa imposibilidade de asistencia con 48 horas, como mínimo, de antelación ao comezo desta. Esta renuncia deberáselle comunicar por escrito á Agasp, a través do correo electrónico, ao enderezo formacion.agasp@xunta.gal

En caso contrario, serán excluídas automaticamente da selección para as dez seguintes actividades que se convoquen para as cales reúnan os requisitos exixidos de participación (artigos 18 e 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp, en relación co artigo 46 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro).

8. Modificacións e incidencias.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 24 de outubro de 2024

Santiago Villanueva Álvarez
Director da Academia Galega de Seguridade Pública