DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 5 de novembro de 2024 Páx. 58741

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 7 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR465A).

Advertido un erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 54588, no punto I.B do anexo II, onde di:

«Nos demais casos indemnizarase un importe de 15 € por cada planta eliminada e destruída, e requirirase un mínimo de 3 plantas eliminadas e destruídas por titular e parcela».

Debe dicir:

«Nos demais casos indemnizarase un importe de 15 € por cada planta eliminada e destruída, e requirirase un mínimo de 3 plantas eliminadas e destruídas por titular».