DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 5 de novembro de 2024 Páx. 58742

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se resolven as solicitudes de subvención convocadas pola Orde do 7 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo, e se convocan para o ano 2024, no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento MR406B).

O día 19 de xuño de 2024 publícanse no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras de concesión das axudas e a súa convocatoria para o exercicio orzamentario 2024: Orde do 7 de xuño de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo, e se convocan para o ano 2024, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento MR406B).

– Presentáronse, a través do Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia, un total de 6 solicitudes para estas axudas.

– No cumprimento do artigo 9 da Orde do 7 de xuño de 2024:

1. O órgano instrutor do procedemento de concesión é a Subdirección Xeral de Gandaría, e a persoa titular desta subdirección emitirá a correspondente proposta de resolución.

2. A persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, en virtude da Orde do 17 de novembro de 2015 da Consellería do Medio Rural, vista a proposta, ditará a correspondente resolución.

Información xeral sobre a liña de axudas:

– Esta axuda forma parte do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) de España. Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR).

– Obxectivo estratéxico/operativo/instrumental e finalidade: mellorar a sustentabilidade, a resiliencia e a competitividade do sector agroalimentario, desde o punto de vista económico, medioambiental e social, nos centros de limpeza e desinfección.

– Política panca dentro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR): política número 1 «Axenda urbana e rural, loita contra o despoboamento e o desenvolvemento da agricultura».

– Compoñente dentro da política número 1: compoñente 3 «Transformación ambiental e dixital do sistema agroalimentario e pesqueiro».

– Medida dentro do compoñente 3: investimento 3 «Plan de impulso da sustentabilidade e competitividade da agricultura e da gandaría (II): reforzo dos sistemas de capacitación e bioseguridade en centros de limpeza e desinfección» (acrónimo C3.I3).

– A contribución da medida C3.I3 é a seguinte: un 100 % aos obxectivos climáticos e un 40 % aos obxectivos medioambientais (á transición ecolóxica) (campo de intervención, etiqueta 027); o compoñente C3 ten unha contribución do 4,2 % aos obxectivos de transformación dixital.

– Nome do subproxecto: melloras en bioseguridade para a modernización ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando en Galicia.

– Trátase dun réxime de axudas de Estado de minimis. O procedemento de concesión é en réxime de concorrencia competitiva.

– Financiamento das axudas: financiadas ao 100 % pola Administración xeral do Estado. Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Consideracións legais:

• Regulamento (UE) 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro de 2020, polo que se establece un instrumento de recuperación da UE para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19.

• Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR).

• Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión (Regulamento financeiro).

• Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088 (Regulamento de taxonomía).

• Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023,relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

• Directiva (UE) 2017/1371 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2017, sobre a loita contra a fraude que afecta os intereses financeiros da Unión a través do dereito penal.

• Proposta de Decisión de execución do Consello, relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) de España, con data do 16 de xuño de 2021, e o anexo da proposta coas reformas e investimentos recollidos no PRTR.

• Lei orgánica 1/2019, do 20 de febreiro, pola que se modifica a Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código penal, para traspoñer directivas da Unión Europea nos ámbitos financeiro e de terrorismo, e abordar cuestións de índole internacional.

• Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

• Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do PRTR.

• Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros, acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

• Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

• Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información que deben proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local, para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

• Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

• Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

• Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

• Orde do 7 de xuño de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo, e se convocan para o ano 2024 no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento MR406B).

Obrigas das persoas beneficiarias das axudas:

1. Obrigas en materia de emprego:

As persoas/entidades beneficiarias deberán cumprir coas seguintes obrigas en materia de emprego, sen prexuízo das eventuais limitacións relacionadas coa normativa do réxime de axudas de Estado que sexa de aplicación:

– Ter o seu domicilio fiscal e o seu principal centro operativo en España e mantelos, polo menos, durante o período de prestación das actividades obxecto de subvención.

– Prestar as actividades obxecto da subvención desde centros de traballo situados en España.

– Contribuír á creación e mantemento en España de todo o emprego necesario para a prestación da actividade obxecto da subvención, que se realizará con persoal contratado e afiliado á Seguridade Social no territorio nacional.

2. No tocante ás obrigas de comunicación do financiamento público das axudas, por parte das persoas/entidades destinatarias finais delas:

– As accións de información e comunicación farán referencia á orixe do financiamento das actuacións e serán visibles, incluíndo o emblema da Unión e unha declaración axeitada que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», en particular cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público.

– Nos lugares de realización das actuacións informarase do apoio do fondo NextGenerationEU a través dun cartel dun tamaño mínimo de A3, nun lugar destacado e visible. O contido total do cartel será: o nome da actuación, o escudo de Galicia mais o texto de «Xunta de Galicia», o emblema da Unión Europea mais o texto «Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», o logo do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (emblema e texto, dispoñible na ligazón https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual), o escudo de España co texto de «Gobierno de España» e «Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación».

– Informar a través da páxina web, en caso de dispoñer dela, sobre o proxecto e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.

3. Obrigas de conservación da documentación:

Deberán conservarse os libros contables, as facturas, os permisos administrativos, os rexistros dilixenciados e demais documentos relacionados coa axuda, os que acrediten os gastos, os pagamentos, etc., toda a documentación xustificativa da aplicación dos fondos recibidos, e durante un período mínimo de 5 anos a partir da recepción do último pagamento. Este período será de 3 anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000,00 euros.

4. Cumprimento do principio DNSH:

É obrigatorio o compromiso de respectar o principio horizontal de «non causar un prexuízo significativo» (polas súas siglas en inglés DNSH-Do no significant harm) a ningún dos 6 obxectivos medioambientais recollidos no Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020 (Regulamento de taxonomía), durante a execución das actuacións.

5. Obriga de facilitar información sobre os fondos percibidos:

Estas axudas atópanse suxeitas aos controis dos órganos estatais e autonómicos (Tribunal de Contas, Consello de Contas, Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, etc.), e así mesmo aos órganos de control da UE (Comisión Europea, Tribunal de Contas Europeo, OLAF e Fiscalía Europea), no exercicio das súas funcións de control e inspección sobre o destino dos fondos do mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR).

Financiamento das axudas:

1. As axudas recollidas na Orde do 7 de xuño de 2024 están financiadas ao 100 % pola Administración xeral do Estado (Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU), e o seu financiamento efectuarase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia:

• 45.04.713E.760.3 que se dota para o ano 2024 cun crédito de 21.929,00 euros, e para o ano 2025 cun crédito de 1.200,00 euros. En total, 23.129,00 euros.

• 45.04.713E.770.3 que se dota para o ano 2024 cun crédito de 230.000,09 euros, e para o ano 2025 cun crédito de 170.000,00 euros. En total, 400.000,09 euros.

O orzamento total das dúas aplicacións é de 423.129,09 euros.

O código do proxecto é 2021 00204.

2. As ditas aplicacións orzamentarias poderán incrementarse, segundo se establece no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito incluído no mesmo programa.

3. No suposto de existiren remanentes dun proxecto ou dunha aplicación, poderíanse empregar para financiar as solicitudes doutro proxecto ou doutra aplicación.

Consideracións administrativas:

1. Na Subdirección Xeral de Gandaría examináronse as 6 solicitudes presentadas mais a documentación complementaria achegada, e comprobouse que 5 delas cumpren os requisitos para a concesión das axudas sinalados na Orde do 7 de xuño de 2024. Unha solicitude, tramitada co número de expediente CLD/MR406B/2024/02 a nome de Ángel García Mato con NIF: ***0644**, non cumpre cos requisitos para a concesión da axuda.

2. Prazo de execución: 1 ano desde a concesión da subvención.

3. Os investimentos subvencionables son os que se recollen no artigo 29 da Orde do 7 de xuño de 2024, da Consellería do Medio Rural.

4. As 5 solicitudes propostas inclúen:

– En 4 solicitudes, actuacións de mellora nos centros de limpeza e desinfección (CLD), é dicir, son en CLD xa existentes. Neste caso, para cada CLD:

• Investimento máximo subvencionable: 100.000,00 euros.

• Intensidade máxima da subvención: 70 % do investimento.

• Contía máxima da axuda por persoa/entidade beneficiaria: 70.000,00 euros.

– 1 solicitude é para a construción dun novo CLD (expediente número CLD/ MR406B/2024/04). Neste caso:

• Investimento máximo subvencionable: 200.000,00 euros.

• Intensidade máxima da subvención: 70 % do investimento.

• Contía máxima da axuda por persoa/entidade beneficiaria: 140.000,00 euros.

5. Para o expediente número CLD/MR406B/2024/06, a nome do Concello de Agolada, esgotarase o crédito dispoñible (23.129,00 euros) na aplicación orzamentaria 45.04.713E.760.3.

6. No cumprimento do artigo 13 da Orde do 7 de xuño de 2024, a resolución de subvención poñerá fin á vía administrativa, e contra ela poderanse interpor os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas/entidades interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se entenda denegada a axuda, se a resolución for presunta.

b) Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a resolución presunta.

7. Conforme o contido do artigo 11 da Orde do 7 de xuño de 2024, publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta resolución de concesión e de denegación das axudas, e que produce os efectos de notificación ás persoas/entidades beneficiarias delas.

Así mesmo, a data de publicación no DOG é a que será tida en conta para os efectos de cómputo de prazos.

Vista a proposta de resolución, emitida pola Subdirección Xeral de Gandaría na data do 30 de setembro de 2024, e de acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

No anexo I desta resolución:

– Na táboa 1: a aprobación das solicitudes de axuda ás persoas solicitantes incluídas nela.

– Na táboa 2: unha solicitude de denegación da axuda. O motivo da denegación recóllese na táboa.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2024

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Táboa 1. Solicitudes propostas para aprobación

Núm. de expediente

Nome e apelidos/razón social da persoa ou entidade beneficiaria

NIF

Investimentos solicitados (€)

Investimentos subvencionables (€)

Intensidade da axuda

Importe

para o ano 2024

Importe

para o ano 2025

Importe

total da

axuda (€)

CLD/MR406B/2024/01

Gallega de Carnes García, S.L.

B70518071

17.495,90

17.495,90

70 %

11.795,30

451,83

12.247,13

CLD/MR406B/2024/03

Cárnicos de Bergantiños, S.L.

B15418783

23.662,00

23.662,00

70 %

15.952,33

611,07

16.563,40

CLD/MR406B/2024/04

Suministros Medina, S.L.

B85323392

207.317,45

200.000,00

70 %

134.834,97

5.165,03

140.000,00

CLD/MR406B/2024/05

Comercial Turbomotriz Atlántica, S.L.

B36702546

103.006,06

100.000,00

70 %

67.417,49

2.582,51

70.000,00

CLD/MR406B/2024/06

Concello de Agolada

P3602000F

66.488,61

66.488,61

34,78 %

21.929,00

1.200,00

23.129,00

Importe total para cada ano (€)

251.929,09

10.010,44

Importe total das axudas (€)

261.939,53

Táboa 2. Solicitudes propostas para denegación

Núm. de expediente

Nome e apelidos/razón social da persoa ou entidade beneficiaria

NIF

Motivo da denegación

CLD/MR406B/2024/02

Ángel García Mato

***0644**

Renuncia ao dereito a percibir a axuda