Procedemento: concorrencia competitiva para a selección de propostas de actuación nos polígonos agroforestais de iniciativa pública (MR711F).
Os procedementos de aprobación dos polígonos agroforestais de iniciativa pública regúlanse ao abeiro do disposto no artigo 83 e seguintes da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.
Mediante acordos da Presidencia da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural acordouse o inicio dos seguintes polígonos agroforestais de iniciativa pública:
|
Nº expte. |
Denominación |
Acordo de inicio |
Aprobación proxecto básico |
Aprobación polígono agroforestal |
Publicación no DOG da aprobación polígono do agroforestal |
|
PA-21-01 |
Acordo polo que se inicia o procedemento de aprobación para o desenvolvemento do polígono agroforestal de iniciativa pública de Oímbra. |
15.11.2021 |
15.10.2024 |
17.10.2024 |
5.11.2024 |
De conformidade co previsto no artigo 94 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, mediante resolución da Presidencia da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural aprobouse o proxecto básico do citado polígono agroforestal.
De conformidade co previsto no artigo 96 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, mediante resolución da Presidencia da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural aprobouse o proxecto do citado polígono agroforestal, o que comporta a aprobación dos pregos de condicións da concorrencia competitiva e a constitución formal do polígono agroforestal. O polígono agroforestal aprobouse na data indicada na táboa precedente.
A dita aprobación foi publicada no Diario Oficial de Galicia na data indicada na táboa precedente e notificada aos interesados no procedemento.
Neste contexto, e de conformidade co artigo 97 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, unha vez publicada a aprobación do polígono agroforestal no Diario Oficial de Galicia abrirase un prazo de concorrencia competitiva para a selección de propostas de actuación do polígono agroforestal conforme o contido dos pregos de condicións aprobados (anexos I e II).
De conformidade co artigo 97 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, a competencia para ditar a resolución do procedemento de selección correspóndelle á persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, que tamén poderá declarar que o procedemento quede deserto cando as propostas presentadas non cumpran os requisitos.
De acordo co exposto,
RESOLVO:
Artigo 1. Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, a presentación e selección de propostas de actuación do polígono agroforestal de iniciativa pública de Oímbra (Oímbra – Ourense), co código de procedemento administrativo MR711F.
Aprobar os anexos III e IV que se xuntan a esta resolución para a xestión da convocatoria.
Artigo 2. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes coas propostas de selección de propostas de actuación do polígono agroforestal será de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución pola que se anuncia a convocatoria de concorrencia para a selección de propostas de actuación do polígono agroforestal de iniciativa pública de Oímbra no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG).
Para o cómputo dos prazos observarase o disposto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Artigo 3. Prazo de resolución da convocatoria
O prazo para ditar resolución expresa e notificala será de cinco (5) meses, contados desde a publicación da convocatoria, de conformidade co artigo 97.5 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.
A persoa interesada poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo se, transcorrido o prazo anterior, non se lle notificou resolución expresa.
Disposición adicional primeira. Recursos
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor potestativamente recurso de reposición, ante o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados igualmente desde o día seguinte ao da citada publicación no DOG.
Disposición adicional segunda. Información
Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:
a) Na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural: https://agader.xunta.gal
b) Na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos
c) No teléfono 881 99 71 93 (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural).
d) De xeito presencial, na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (A Barcia, 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 881 99 71 93.
Disposición derradeira primeira. Habilitación para a xestión da convocatoria
A persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural poderá ditar os actos necesarios para asegurar a correcta aplicación desta convocatoria.
Disposición derradeira segunda. Eficacia da convocatoria
Esta resolución será aplicable desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2024
María José Gómez Rodríguez
Presidenta da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
ANEXO I
Prego de condicións do procedemento de concorrencia para seleccionar as propostas de actuación no polígono agroforestal de iniciativa pública de Oímbra (Ourense)
Primeira parte
A. Obxecto do procedemento de concorrencia.
Primeiro. Obxecto
1. O obxecto deste prego de condicións é regular o procedemento de concorrencia para a selección de propostas de actuación no polígono agroforestal de iniciativa pública de Oímbra (Ourense), determinando os requisitos de participación, o que inclúe os criterios de solvencia económica, técnica e profesional e as garantías que se deban constituír para asegurar o mantemento da proposta presentada, así como os criterios de avaliación que permitan seleccionar as mellores propostas presentadas, e as obrigas que deban cumprir os participantes e adxudicatarios.
2. División en lotes.
De acordo co artigo 68.4.b) da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, determínase a división en lotes da superficie do polígono agroforestal para o seu aproveitamento, diferenciando uns lotes para compravenda e outros para arrendamento, que poderán ser adxudicados a distintos axentes promotores produtivos.
3. Determínanse os seguintes lotes para a compravenda:
Lote 2: lote para venda, identificado no plano do anexo II.
A actividade principal para este lote será a de cultivos leñosos e a secundaria a de cultivos agrícolas de ciclo curto e gandaría en extensivo.
Parcelas do lote: predios de substitución número 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16 e 17 do polígono número 1.
Superficie do lote: 55.436 m2.
Dada a superficie e o prezo mínimo por hectárea definido no estudo de viabilidade, o prezo mínimo polo dito lote ascende a 169.634,16 €.
Lote 3: lote para venda, identificado no plano do anexo II.
A actividade principal para este lote será a de cultivos leñosos e a secundaria a de cultivos agrícolas de ciclo curto e gandaría en extensivo.
Parcelas do lote: predios de substitución número 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32 e 33 do polígono número 1.
Superficie do lote: 43.332 m2.
Dada a superficie e o prezo mínimo por hectárea definido no estudo de viabilidade, o prezo mínimo polo dito lote ascende a 132.595,92 €.
Lote 4: lote para venda, identificado no plano do anexo II.
A actividade principal para este lote será a de cultivos leñosos e a secundaria a de cultivos agrícolas de ciclo curto e gandaría en extensivo.
Parcelas do lote: predios de substitución número 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 e 8 do polígono número 2.
Superficie do lote: 24.494 m2.
Dada a superficie e o prezo mínimo por hectárea definido no estudo de viabilidade, o prezo mínimo polo dito lote ascende a 74.951,64 €.
Lote 5: lote para venda, identificado no plano do anexo II.
A actividade principal para este lote será a de cultivos leñosos e a secundaria a de cultivos agrícolas de ciclo curto e gandaría en extensivo.
Parcelas do lote: predios de substitución número 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10 e 11 do polígono número 3.
Superficie do lote: 20.030 m2.
Dada a superficie e o prezo mínimo por hectárea definido no estudo de viabilidade, o prezo mínimo polo dito lote ascende a 61.291,80 €.
Lote 6: lote para venda, identificado no plano do anexo II.
A actividade principal para este lote será a de cultivos leñosos e a secundaria a de cultivos agrícolas de ciclo curto e gandaría en extensivo.
Parcelas do lote: predios de substitución número 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22 e 23 do polígono número 3.
Superficie do lote: 31.466 m2.
Dada a superficie e o prezo mínimo por hectárea definido no estudo de viabilidade, o prezo mínimo polo dito lote ascende a 96.285,96 €.
4. Determínanse os seguintes lotes para a xestión do polígono agroforestal mediante o arrendamento das parcelas que o integran:
Lote 1: lote único arrendamento, identificado no plano do anexo II.
A actividade principal para este lote será a de cultivos leñosos e a secundaria a de cultivos agrícolas de ciclo curto e gandaría en extensivo.
Parcelas do lote: predios de substitución número 1, 3, 4, 5, 6, 7 e 8 do polígono número 1.
Superficie do lote: 26.243 m2.
Dada a superficie e o prezo mínimo por hectárea definido no estudo de viabilidade, o prezo mínimo de arrendamento polo dito lote ascende a 669,20 €/ ano.
5. No plano do anexo II identifícanse os lotes para a venda e o lote para arrendamento.
B. Réxime xurídico aplicable.
Segundo. Réxime xurídico aplicable
1. O procedemento de concorrencia previsto neste prego está suxeito ás previsións da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, e normativa de desenvolvemento. Así mesmo aplicaranse, na medida en que proceda, as seguintes normas autonómicas e estatais:
• Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
• Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
• Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos.
2. A presentación das propostas suporá a aceptación incondicionada dos pregos de condicións, así como das condicións do proxecto básico do polígono agroforestal. En particular, suporá o compromiso de arrendar ou comprar a totalidade dos predios ou, de ser o caso, dun dos lotes, recollidos nos compromisos asinados conforme o establecido no artigo 92 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, así como dos de titularidade do Banco de Terras que este poña á disposición do polígono, aos prezos formulados na súa proposta. No caso das parcelas obxecto do procedemento a que se refire o artigo 92.6 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, a presentación das propostas suporá o compromiso de arrendar os predios ao Banco de Terras polo prezo xusto determinado ou que se determine definitivamente ou, de ser o caso, polo ofertado polo adxudicatario se este for superior.
Así mesmo, implica o compromiso de constituír unha garantía, na forma e na contía que se determinen nos pregos de condicións, que garanta o mantemento da proposta presentada polo importe que se recolla no prego de condicións administrativas, así como o compromiso de cumprir coa obriga de facerse cargo dos custos previos que nel se detallen.
Terceiro. Publicidade e notificacións
1. Publicidade.
De conformidade co disposto no artigo 22.c) da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, no Sistema de información de terras de Galicia (https://info-sitegal.xunta.gal/es) estarán dispoñibles os datos dos polígonos agroforestais. Ademais, o artigo 23 do mesmo corpo legal sinala que se establecerán as etiquetas correspondentes ao estado da parcela para efectos de proporcionar a información sobre cada unha de elas.
De conformidade co disposto no artigo 97.5 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, a resolución da persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural sobre o axente ou axentes promotores produtivos que resulten adxudicatarios será notificada á totalidade das persoas solicitantes, xunto co resultado da aplicación dos criterios de avaliación.
2. Notificacións.
1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se efectúen ou deixen de efectuar por medios electrónicos.
2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario. No caso de optar pola notificación en papel, efectuarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, deberán optar, en todo caso, no formulario, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.
4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou for expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Cuarto. Réxime de recursos
As resolucións dos procedementos de concorrencia instruídos ao abeiro deste prego non esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpor recurso de alzada, ante a Presidencia da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
C. Requisitos de participación.
Quinto. Requisitos subxectivos das persoas solicitantes
1. Poderán presentar solicitudes no procedemento de concorrencia das propostas de actuación no polígono agroforestal as persoas físicas e xurídicas publicas ou privadas e as entidades sen personalidade xurídica.
2. As persoas solicitantes deberán estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Axencia Tributaria de Galicia.
Estes requisitos comprobaranse con anterioridade a ditar a correspondente proposta de resolución.
3. Dispor das autorizacións, permisos e/ou licenzas administrativas preceptivas para o exercicio da súa actividade, estar inscritas nos rexistros públicos que sexan pertinentes, así como cumprir con calquera outro requisito exixido pola normativa aplicable para o seu desenvolvemento.
4. Pluralidade de persoas solicitantes.
As pretensións dunha pluralidade de persoas de contido e fundamento idéntico ou substancialmente similar poderán formularse nunha única solicitude. Neste suposto, deberá constar na solicitude a listaxe completa de persoas interesadas que a formulan segundo o modelo específico (anexo IV), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. As actuacións efectuaranse coa persoa representante ou coa persoa interesada que expresamente sinalen e, na súa falta, coa que figure en primeiro termo.
Sexto. Criterios de solvencia económica
Para determinar o criterio de solvencia económica, establécese o valor da oferta. O dito valor determinarase a partir da renda por ano ofertada para o arrendamento ou ben do prezo de compravenda, e para a superficie interesada, ben da totalidade do polígono agroforestal ou dos lotes ofertados de acordo co establecido no artigo 68.4.b) da Lei 11/2021, do 14 de maio.
Para os supostos de arrendamento, posto que se xestionan a través do Banco de Terras de Galicia, aplicaránselles os mesmos criterios de solvencia que se lles aplica a estes, segundo se recolle nas condicións xerais de arrendamento aprobadas polo Consello de Dirección da Axencia (https://agader.xunta.gal/sites/w_pagade/files/
documentacion/2024_06_24_certificadocondicionsxeraisservizosbdet_conanexo_as.pdf).
Para aquelas persoas interesadas que inicien a actividade tras a adxudicación do polígono agroforestal, a solvencia económica derivará da análise do informe de viabilidade económica ou plan de negocio, de obrigada presentación de acordo co artigo 3 da «Segunda parte-procedemento de concorrencia» deste prego.
Sétimo. Criterios de solvencia técnica e profesional
A solvencia técnica e profesional acreditarase mediante a correspondente alta no IAE e no réxime correspondente da Seguridade Social para a actividade que se vai desenvolver, comprobados a través das consultas telemáticas sinaladas na «Segunda parte-Procedemento de concorrencia», ou ben mediante a súa presentación no caso de se opoñer a persoa solicitante ás ditas consultas.
Se a persoa solicitante pretende iniciar a actividade coa adxudicación do polígono agroforestal, figurará na solicitude (anexo III) unha declaración xurada de que conta cos medios técnicos e coa capacidade profesional para o seu exercicio, sinalando en todo caso, no informe de viabilidade económica ou plan de negocio, os medios técnicos dos que disporá a explotación.
Oitavo. Garantía provisional
Con anterioridade á presentación da proposta, a persoa interesada prestará garantía provisional, na contía do 1 % do valor da oferta, e xunto coa solicitude achegará o correspondente xustificante.
A garantía provisional será a garante do mantemento da oferta, ata o momento da sinatura dos contratos, así como dos posibles custos previos que se detallarán no prego de condicións técnicas particulares.
A garantía provisional depositarase de acordo ao artigo 106 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE y 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e extinguirase automaticamente e será devolta ás persoas interesadas coa resolución de non adxudicación ou ben coa perfección dos contratos, arrendamento ou compravendas, no suposto de ser a persoa beneficiaria da adxudicación.
Prego de condicións do procedemento de concorrencia para seleccionar as propostas de actuación no polígono agroforestal de iniciativa pública de Oímbra (Ourense)
Segunda parte-procedemento de concorrencia
Fase A. Presentación da documentación.
1. Requisitos das propostas.
a) As propostas deberán axustarse á normativa sectorial que resulte de aplicación para cada tipo e ao proxecto básico aprobado para o polígono agroforestal.
b) Serán seleccionables as propostas:
1. Que se poidan materializar e formalizar baixo a figura xurídica do contrato de arrendamento establecido pola Lei 11/2021, do 14 de maio, en canto que predio incorporado ao Banco de Terras de Galicia, as «condicións xerais en que se realizará a prestación dos servizos do Banco de Terras de Galicia e os negocios xurídicos derivados deles», aprobados o 30 de maio de 2022 polo Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, e demais disposicións aplicables.
2. En ningún caso se poderán materializar baixo a figura xurídica da alínea b).1 anterior por reunirse na mesma persoa a condición de persoa arrendadora e arrendataria.
3. Que se poidan materializar e formalizar baixo a figura da compravenda de acordo ao disposto no artigo 1.445 e seguintes do Código civil.
4. Que acrediten os criterios de solvencia económica, técnica e profesional determinados nos artigos seguintes, e presten a correspondente garantía provisional. De non se acreditaren os ditos requisitos, a persoa interesada quedará excluída do procedemento.
c) Poderase presentar unha proposta por persoa, de forma individual ou de forma conxunta con outra ou outras persoas, para cada lote dentro do polígono agroforestal e convocatoria.
2. Presentación de solicitudes.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo III do procedemento MR711F), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria, persoas traballadoras autónomas e as persoas representantes dunha das anteriores.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
3. Documentación complementaria.
3.1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
• Informe de viabilidade económica e/ou plan de negocio das actuacións que se van realizar, con memoria que identifique, como mínimo, os terreos que se pretenden aproveitar, os cultivos e aproveitamentos correspondentes e a renda ou prezo que se lles satisfará ás persoas titulares dos dereitos sobre eles, de acordo co establecido no proxecto básico, así como os medios técnicos e financeiros para a súa realización e os medios persoais para levar a cabo o proxecto. O informe de viabilidade económica ou plan de negocio conterá a previsión de ingresos e gastos de, polo menos, os tres (3) primeiros anos de actividade.
• Documentación xustificativa da presentación da garantía provisional.
• No caso de pluralidade de persoas solicitantes, achegarase o anexo IV do procedemento MR711F.
• Documentos acreditativos da personalidade e, de ser o caso, da representación da persoa solicitante:
No caso de persoas xurídicas, certificado expedido polo Rexistro Mercantil ou outros rexistros públicos que correspondan, en función da personalidade xurídica de que se trate, en que se identifiquen a constitución e a representación correspondente, con indicación do seu alcance e vixencia. De non se achegar o dito certificado, deberán presentar copia das escrituras de constitución e do poder de representación, debidamente inscritas no Rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate, e das modificacións posteriores dos documentos indicados.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Nesta caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.
3.2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3.3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
3.4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial, dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
4. Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo para presentar as solicitudes coas propostas de selección de propostas de actuación do polígono agroforestal será de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución pola que se anuncia a convocatoria de concorrencia para a selección de propostas de actuación do polígono agroforestal de iniciativa pública de Oímbra no DOG.
5. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén, se poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Fase B. Admisión ou inadmisión das propostas presentadas e a súa avaliación.
6. Instrución do procedemento.
Os actos de instrución do procedemento en virtude dos cales deba ditarse a resolución de concesión competerán á Subdirección de Mobilidade de Terras.
Logo da presentación da solicitude e durante a instrución do procedemento, non se admitirá ningunha modificación das propostas de participación, agás:
a) Que respondan a requirimentos efectuados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para os efectos da valoración das propostas e da súa viabilidade.
b) Que respondan ás actuacións recollidas nos artigos 19 e 92.6 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, de ser de aplicación no polígono agroforestal.
Durante a instrución do procedemento, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural poderá realizar visitas ao lugar en que se pretendan materializar os aproveitamentos, para os efectos de verificar a súa admisibilidade.
7. Comprobación de datos.
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) NIF da entidade representante.
e) Certificado de residencia con data de última variación do padrón da persoa solicitante.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT.
g) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social.
h) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma.
i) Imposto de actividades económicas (IAE).
j) Consulta da vida laboral dos últimos doce (12) meses.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
8. Emenda da solicitude.
1. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria e no prego de condicións administrativas reguladoras, o órgano instrutor requiriralle á persoa interesada que a emende no prazo de dez (10) días, nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, coa indicación de que, se así non o fixer, se considerará desistida da súa solicitude, logo de resolución que deberá ditarse nos termos previstos no citado artigo.
2. É de aplicación o réxime previsto no artigo 14 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos.
3. Co fin de completar a instrución do procedemento, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural poderá requirirlle á persoa solicitante que achegue aqueles datos, documentos complementarios ou aclaracións que resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.
9. Criterios de selección.
Con carácter previo á valoración das propostas de aproveitamento, como criterio excluínte, a solicitude que se presente deberá adecuarse ás orientacións produtivas definidas no proxecto básico; en caso contrario, non se poderá valorar e pasará a considerarse proposta non seleccionable. O proxecto básico pode consultarse na seguinte web: https://agader.xunta.gal/recuperacion-de-terras/poligonos-agroforestais/
Tendo en conta o anterior, determínanse os seguintes criterios de selección para as propostas seleccionables:
1. Orientación produtiva: terán prioridade aquelas orientacións produtivas definidas no proxecto básico como principais. En segundo lugar, estarán as orientacións produtivas definidas como secundarias. Asignaráselles a máxima puntuación (60 puntos) ás propostas que se adapten á orientación produtiva principal definida no proxecto básico, e a metade da puntuación (30 puntos) ás que se encaixen na orientación produtiva secundaria.
2. Producións amparadas por indicacións xeográficas: denominación de orixe (DO), Indicación xeográfica protexida (IXP)... Establécese unha puntuación de 60 puntos.
3. Ampliación da base territorial: a ampliación da base territorial das explotacións será valorada cunha puntuación máxima de 60 puntos.
4. Propostas de carácter innovador en canto ao aproveitamento produtivo principal, así como a incorporación de métodos de produción sustentables: valoraranse cunha puntuación máxima de 60 puntos aquelas propostas que teñan un carácter innovador en canto ao aproveitamento produtivo proposto e as que implanten métodos de produción que sexan sustentables. Para a valoración desta epígrafe terase en conta o indicado polo/a interesado/a no seu informe de viabilidade e o prego de condicións técnicas do polígono agroforestal, con base nos seguintes criterios de moderación da puntuación:
1. Para o uso principal, cultivos leñosos, aplícanse os seguintes criterios:
• Aplicación de técnicas innovadoras, que se desenvolverá no informe de viabilidade económica ou plan de negocio achegado polo solicitante: 35 puntos.
• Recuperación de variedades autóctonas (autentificación varietal): 5 puntos.
• Explotación inscrita no Rexistro de operadores de produción integrada no cultivo do viñedo: 5 puntos.
• Persoas inscritas nunha agrupación de tratamento integrado na agricultura (Atria): 5 puntos.
• Explotación inscrita no Craega como produtor ecolóxico certificado: 10 puntos.
2. Para o uso secundario, gandaría en extensivo e cultivos agrícolas de ciclo curto, os seguintes:
• Aplicación de técnicas innovadoras, que se desenvolverá no informe de viabilidade económica ou plan de negocio achegado polo solicitante: 25 puntos.
• Recuperación de cultivos tradicionais da zona non amparados por IXP: 5 puntos.
• Recuperación de razas autóctonas en perigo de extinción: 5 puntos.
• Explotación inscrita na sección de explotacións agrarias prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia: 5 puntos.
• Uso mixto de distintas especies gandeiras para o mellor aproveitamento dos distintos tipos de terreo: 5 puntos.
• Persoas inscrita nunha agrupación de tratamento integrado na agricultura (Atria): 5 puntos.
• Explotación inscrita no Craega como produtor ecolóxico certificado: 10 puntos.
As distintas puntuacións son acumulables ata un máximo de 60 puntos.
5. As propostas que permitan incrementar a capacidade produtiva e as economías de escala dos produtores da zona de influencia do polígono agroforestal recibirán unha puntuación máxima de 60 puntos. Para a valoración desta epígrafe terase en conta o indicado polo/a interesado/a no seu informe de viabilidade, no cal acreditará a dita condición, e o prego de condicións técnicas do polígono agroforestal, con base nos seguintes criterios de moderación da puntuación:
1. Para os seguintes incrementos previstos da capacidade produtiva do uso principal pola aplicación das economías de escala aplícanse as seguintes puntuacións:
• Incrementos inferiores ao 10 %: 10 puntos.
• Incrementos entre o 10 e o 25 %: 30 puntos.
• Incrementos superiores ao 25 %: 60 puntos.
2. Para os seguintes incrementos previstos da capacidade produtiva do uso secundario pola aplicación das economías de escala aplícanse as seguintes puntuacións:
• Incrementos inferiores ao 10 %: 5 puntos.
• Incrementos entre o 10 e o 25 %: 20 puntos.
• Incrementos superiores ao 25 %: 30 puntos.
A acreditación da puntuación realizarase a través do exposto no informe de viabilidade económica ou plan de negocio achegado polo/a solicitante, no cal se sinalarán a capacidade produtiva actual e a futura que se pretende acadar coa posta en marcha do polígono agroforestal.
6. Proximidade: terán preferencia aquelas propostas que presenten persoas que residan na parroquia ou parroquias en que se localiza o polígono agroforestal, que recibirán a puntuación máxima. En segundo lugar, terán prioridade os residentes no concello e, en terceiro lugar, os residentes en concellos limítrofes. A puntuación deste criterio verase reducida proporcionalmente segundo se afaste do polígono a residencia das persoas que presentan a solicitude.
a) Persoas que residan na parroquia ou parroquias do polígono: 40 puntos.
b) Persoas que residan no mesmo concello: 20 puntos.
c) Persoas que residan en concellos limítrofes: 10 puntos.
7. Prezo: a puntuación máxima deste criterio será de 40 puntos para aqueles incrementos do 100 % sobre o prezo base de referencia. Este valor reducirase proporcionalmente para aqueles prezos comprendidos entre o prezo base e o 100 % de incremento.
a) Incremento sobre o prezo base pero inferior ao 100 % de incremento: ata 40 puntos.
b) Incremento do 100 % sobre o prezo base: 40 puntos.
8. Incorporación á actividade agraria: a puntuación máxima deste criterio será de 40 puntos. Valoraranse a creación de novas explotacións, a incorporación de persoas mozas e a de mulleres titulares ou cotitulares das explotacións, e serán acumulables os distintos criterios.
a) Explotación de nova creación: 10 puntos.
b) Incorporación de persoa moza: 10 puntos.
c) Muller titular ou cotitular da explotación: 20 puntos.
9. Aportación de terras ao proxecto: a proposta realizada polas persoas propietarias ou titulares dos dereitos de usos ou aproveitamentos de parcelas que supoñen un mínimo do 70 % da superficie incluída no perímetro do polígono, particularmente no caso de que se constitúan como agrupación de xestión conxunta. Asignaráselle 20 puntos máximo.
a) Proposta dos propietarios de máis do 70 % da superficie: 10 puntos.
b) Realizada a través de agrupación de xestión conxunta: 20 puntos.
10. A aplicación das medidas de acceso á terra recollidas no artigo 38 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia: a puntuación máxima deste criterio será de 100 puntos e soamente se puntuarán os criterios do artigo 38 distintos dos xa enunciados nas epígrafes anteriores. Así, para a medida do artigo 38.a).4º establécese unha puntuación de 60 puntos, para a medida do artigo 38.a).5º establécese unha puntuación de 40 puntos e para a medida do artigo 38.b) establécese unha puntuación de 20 puntos. Cada tipo de medida das recollidas nesta epígrafe soamente se puntuará unha vez por cada solicitude.
11. Propostas realizadas por cooperativas, sociedades agrarias de transformación, asociacións de produtores ou outras entidades que teñan un fin social, vinculadas ás actividades admisibles no proxecto:
a) Cooperativas, sociedades agrarias de transformación, asociacións de produtores ou outras entidades que teñan un fin social, vinculadas ás actividades admisibles: 30 puntos.
b) Cooperativas, sociedades agrarias de transformación, asociacións de produtores ou outras entidades que teñan un fin social, vinculadas ás actividades admisibles e vinculadas a indicacións xeográficas (DO, IXP...): 60 puntos.
As puntuacións indicadas correspóndense coa seguinte táboa:
|
Criterio acreditado |
Puntos totais |
|
Orientación produtiva (máximo 60 puntos) |
|
|
Proxectos con orientación produtiva principal |
60 |
|
Proxectos con orientación produtiva secundaria |
30 |
|
Vinculación a marcas de calidade (60 puntos) |
|
|
Posta en produción das terras con produtos cuxas cualidades están especificamente vinculadas á zona de produción, e vinculadas a indicacións xeográficas: denominación de orixe (DO), indicación xeográfica protexida (IXP)... |
60 |
|
Ampliación base territorial (máximo 60 puntos) |
|
|
Ampliación base territorial (proporcional) |
máx. 60 |
|
Propostas de carácter innovador en canto ao aproveitamento produtivo principal, así como a incorporación de métodos de produción sustentables (máximo 60 puntos) |
|
|
Propostas de carácter innovador en canto ao aproveitamento produtivo principal, así como a incorporación de métodos de produción sustentables (proporcional) |
máx. 60 |
|
Propostas que incrementan a capacidade produtiva e as economías de escala dos produtores existentes na zona de influencia do polígono (máximo 60 puntos) |
|
|
Propostas que incrementan a capacidade produtiva e as economías de escala dos produtores existentes na zona de influencia do polígono (proporcional) |
máx. 60 |
|
Proximidade (máximo 40 puntos) |
|
|
Persoas que residan na parroquia ou parroquias do polígono |
40 |
|
Persoas que residan no mesmo concello |
20 |
|
Persoas que residan en concellos limítrofes |
10 |
|
Prezo (máximo 40 puntos) |
|
|
Incremento sobre o prezo base pero inferior ao 100 % de incremento |
Proporcional ata 40 |
|
Incremento do 100 % sobre o prezo base |
máx. 40 |
|
Propostas que favorezan o mantemento da poboación vinculada á actividade agroforestal (máximo 40 puntos) |
|
|
Explotación de nova creación |
10 |
|
Incorporación de persoa moza |
10 |
|
Muller titular ou cotitular da explotación |
20 |
|
Achega de terras ao proxecto que sexa de, polo menos un 70 % da superficie (máximo 20 puntos) |
|
|
Proposta dos propietarios de máis do 70 % da superficie |
10 |
|
Proposta dos propietarios de máis do 70 % da superficie realizada a través de agrupación de xestión conxunta |
20 |
|
Acceso á terra de colectivos de especial protección (máximo 60 puntos) |
|
|
Medida artigo 38.a).4 |
60 |
|
Medida artigo 38.a).5 |
40 |
|
Medida artigo 38.b) |
20 |
|
Propostas realizadas por cooperativas, sociedades agrarias de transformación, asociacións de produtores ou outras entidades de economía social (máximo 60 puntos) |
|
|
Propostas realizadas por cooperativas, sociedades agrarias de transformación, asociacións de produtores ou outras entidades que teñan un fin social, vinculadas ás actividades admisibles |
30 |
|
Cooperativas, sociedades agrarias de transformación, asociacións de produtores ou outras entidades que teñan un fin social, vinculadas ás actividades admisibles e vinculadas a indicacións xeográficas (DO, IXP...) |
60 |
10. Baremación das solicitudes.
Unha vez revisadas as solicitudes e efectuadas as emendas, as áreas dependentes do órgano instrutor valorarán aquelas que reúnan todos os requisitos e conten coa documentación necesaria. A valoración realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta os datos e a documentación achegada pola persoa solicitante e segundo os criterios de selección das propostas de aproveitamento previstos neste prego.
Excluiranse as propostas de actuación que, logo da súa baremación. de acordo cos criterios aplicables, obteñan unha puntuación inferior a 120 puntos, ao considerarse que non acadan os niveis mínimos de viabilidade e cobertura dos obxectivos deste prego de condicións administrativas.
1. Unha vez avaliadas as solicitudes, o órgano instrutor elaborará unha relación dos expedientes ordenada por orde decrecente de puntuación, en aplicación dos criterios de prioridade e baremación establecidos no artigo anterior.
2. De ser necesario, poráselles de manifesto ás persoas interesadas para que, no prazo de dez días, poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións pertinentes que requira o órgano instrutor. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polas persoas interesadas.
3. O órgano instrutor emitirá un informe técnico que conterá a relación definitiva de puntuacións outorgadas ás solicitudes, e elevará a proposta de resolución á persoa titular da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, de conformidade co previsto no artigo 97.5 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.
11. Proposta de resolución.
A proposta de resolución expresará, de forma motivada, a relación de propostas admisibles para as cales se propón a súa selección para ser aplicadas en cada parcela ou lote de parcelas do polígono agroforestal, coa identificación, en relación con cada parcela, da persoa seleccionada (que será a parte arrendataria ou compradora no/nos contrato/s que se deban formalizar), puntuación obtida no proceso de baremación e anos de duración do contrato de arrendamento. Tamén poderá declarar que o procedemento quede deserto cando as ofertas presentadas non cumpran os requisitos ou obteñan unha puntuación inferior á establecida neste prego de condicións administrativas.
De ser o caso, contará cunha relación das propostas admitidas que conformarán a lista de espera. O órgano xestor poderá acordar activar a lista de espera no suposto de que algunha persoa seleccionada renuncie á formalización do contrato ou teña lugar, por calquera causa, a extinción do contrato en vigor antes do prazo contractualmente pactado; neste caso, as propostas admitidas en lista de espera poderán asignarse por orde decrecente de puntuación.
Expresará tamén, de xeito motivado, a relación de propostas non admitidas por falta de documentación, por non reuniren os requisitos ou por non acadaren a puntuación mínima necesaria.
No caso de non se presentaren propostas en prazo, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural poderá declarar un novo prazo de presentación, e admitiranse as propostas que se presenten posteriormente atendendo á súa prioridade temporal, de acordo co artigo 97.2, e dentro do prazo de dous anos desde a data de publicación da resolución de aprobación do polígono agroforestal no DOG. Transcorrido dito prazo, se non se presentaron ofertas, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural declarará a finalización do procedemento e a extinción do polígono agroforestal.
Fase C. Adxudicación.
12. Resolución do procedemento.
A persoa titular da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural resolverá motivadamente o procedemento identificando o axente ou axentes produtivos que resulten adxudicatarios de conformidade co artigo 97 da Lei 11/2021, do 14 de maio.
A dita resolución seralle notificada á totalidade das persoas solicitantes, xunto co resultado da aplicación dos criterios de avaliación.
O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do procedemento será de cinco (5)meses.
Unha vez resolta a adxudicación, darase un prazo de dez (10) días hábiles para que os axentes adxudicatarios acheguen a documentación xustificativa requirida no prego. En caso de incumprimento deste requisito por parte dalgún dos axentes adxudicatarios, procederase á adxudicación á seguinte mellor proposta ou a declarar deserto o procedemento, o que deberá ser debidamente xustificado por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Prego de condicións do procedemento de concorrencia para seleccionar as propostas de actuación no polígono agroforestal de iniciativa pública de Oímbra (Ourense)
Terceira parte. Obrigas dos axentes adxudicatarios
13. Modalidade dos contratos e prazo de formalización.
Para cada lote formalizaranse os correspondentes contratos de compravenda ou arrendamento, segundo resulte do procedemento de concorrencia.
De conformidade co artigo 100 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, a posta en marcha do polígono agroforestal comprenderá as seguintes actuacións:
1) No caso de arrendamentos, a incorporación das parcelas ao Banco de Terras de Galicia e a sinatura dos contratos de arrendamento, nun prazo non superior aos quince (15) días hábiles desde a incorporación das parcelas, coa persoa que formulou a proposta seleccionada. Posto que se xestionan a través do Banco de Terras de Galicia, aplicaránselles os mesmos criterios de solvencia que se lles aplica a estes, segundo se recolle nas condicións xerais de arrendamento aprobadas polo Consello de Dirección da Axencia (https://agader.xunta.gal/sites/w_pagade/files/documentacion/2024_06_24_certificadocondicionsxeraisservizosbdet_conanexo_as.pdf).
2) No caso das compravendas, os contratos asinaranse nun prazo non superior aos trinta (30) días hábiles desde a notificación da resolución de adxudicación.
14. Obrigas das persoas seleccionadas.
Sen prexuízo das demais obrigas establecidas na Lei 11/2021, do 14 de maio, e as correspondentes á normativa aplicable aos contratos de arrendamento e compravenda, as persoas seleccionadas ao abeiro desta convocatoria quedan obrigadas a:
a) Presentar no prazo de dez (10) días hábiles a documentación xustificativa requirida no prego de condicións administrativas, en concreto aquela referida á viabilidade económica das actuacións, indicadas no informe, cos correspondentes orzamentos dos gastos da explotación. No caso de incumprimento da obriga de presentar a documentación acreditativa no prazo de dez días hábiles, por parte dalgún dos axentes adxudicatarios, procederase á incautación da garantía provisional e ou ben á adxudicación á seguinte mellor proposta, ou a declarar deserto o procedemento, o que deberá ser debidamente xustificado por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
b) Comunicar ou ceder os datos persoais a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ás persoas titulares dos dereitos de aproveitamento sobre as parcelas incluídas no perímetro do polígono agroforestal con facultades para arrendalas conforme a lexislación civil.
c) Formalizar os contratos nos prazos sinalados na Terceira parte-Obrigas dos axentes adxudicatarios deste prego de condicións. O incumprimento do prazo para formalizar os contratos por causa imputable ás persoas seleccionadas implicará a perda da garantía provisional. Ademais, procederase a adxudicarlle a proposta á seguinte mellor proposta ou a declarar deserto o procedemento.
d) Cumprir o obxectivo e executar a proposta seleccionada para o arrendamento ou compravenda, realizando a actividade de acordo co uso establecido. Se a persoa adxudicataria modifica os usos das parcelas obtidas realizando usos non recollidos no proxecto básico, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural requirirá a persoa adxudicataria para que retome os usos de acordo cos cales se lle concedeu a explotación do proxecto e para iso outorgaralle o prazo improrrogable dun mes. Para o suposto da explotación mediante arrendamentos, de manter o incumprimento, a Administración poderá resolver o contrato, mentres que, no caso da explotación do polígono a través da compravenda das parcelas, o incumprimento dos usos durante o prazo de garantía implicará a perda da súa totalidade. A garantía executada reverterá nos propietarios das parcelas en función da superficie afectada.
e) Permitir a publicación, a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios, os seus datos identificativos.
f) Mentres non sexan formalizados os contratos de arrendamento ou compravenda, ou, formalizados estes, mentres non teña lugar a súa entrada en vigor, non se xera dereito nin expectativa económica ou doutra índole a favor da persoa seleccionada susceptible de ser reclamada á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
g) De ser o caso, realizar as obras necesarias para a posta en marcha do polígono agroforestal, definidas do prego de condicións. O incumprimento desta obriga no prazo máximo indicado no citado prego suporá a resolución do contrato de arrendamento e, en todo caso, a perda da garantía. A garantía executada reverterá nos propietarios das parcelas en función da superficie afectada.
15. Devolución das parcelas.
Rematada a xestión do polígono agroforestal, cando sexa necesario devolver a posesión das parcelas ás persoas titulares, estas devolveranse en condicións similares a cando se recibiron, retirando delas todo elemento construtivo e repoñendo as condicións da parcela ao momento da súa recepción.
Con anterioridade á data de finalización do polígono agroforestal, a persoa adxudicataria poderá recadar o consentimento das persoas titulares para que a entrega da posesión da parcela se realice nunhas determinadas condicións, distintas das condición iniciais. O dito consentimento será achegado pola persoa adxudicataria á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
