Mediante Orde do 22 de xullo de 2024 (DOG número 149, do 2 de agosto), a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes convocou unha liña de subvencións para o ano 2024, que establecía as bases reguladoras para a adxudicación de equipamento de emerxencia, en réxime de concorrencia competitiva, aos concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupación de concellos galegos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Vista a proposta da comisión avaliadora, de data do 25 de outubro de 2024, por proposta de resolución do director xeral de Emerxencias e Interior do 28 de outubro de 2024, e en aplicación dos artigos 9, 10 e 11 da referida orde,
RESOLVO:
Primeiro. Adxudicar aos concellos, mancomunidades ou agrupación de concellos galegos que se relacionan no anexo I o equipamento de emerxencia que se indica no dito anexo I, de acordo coa puntuación total obtida polos solicitantes.
Este equipamento está sendo adquirido co programa operativo Feder-Galicia 2021-2027, obxectivo político 2, prioridade P2A. Transición Verde, obxectivo específico RSO2.4: «favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas».
Segundo. Establecer unha lista de reserva conformada por todos os solicitantes admitidos co fin de redistribuír o equipamento non adxudicado por renuncia dalgún beneficiario ou pola posible nova adquisición de máis equipamento. Esta redistribución será, se é o caso, elevada posteriormente ao órgano competente para resolver.
Na repartición deste material terase en conta a puntuación total acadada por cada entidade e a non obtención de equipamento da mesma especie na primeira adxudicación, en todo caso, esta segunda asignación non afectará a distribución inicial do equipamento entre as entidades solicitantes.
Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 12.e) da Orde do 22 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2024 para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2021-2027, o/a alcalde/sa do concello, presidente/a da mancomunidade ou representante da agrupación de concellos, ao cal se lle conceda o equipamento solicitado, disporá dun prazo de dez días hábiles, contados a partir da recepción da comunicación individual da resolución favorable, para a súa aceptación ou renuncia.
Transcorrido este prazo sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.
Unha vez manifestada por parte da entidade beneficiaria a aceptación da subvención en especie concedida nesta resolución, asinarase a acta de cesión do equipamento concedido.
O prazo estimado para a sinatura da acta de cesión do equipamento, será de tres meses contados desde a data de recepción daquel.
Non obstante, este prazo podería verse incrementado en función dos prazos de entrega do equipamento previstos nos correspondentes contratos, derivados do procedemento para a contratación da subministración de equipamento para as emerxencias destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes que teñan agrupación de voluntarios de protección civil, expediente de contratación número AXGE.24.SU.02 (número de referencia contable 2023 00001) procedemento ordinario, por importe de 454.480,00 euros (IVE incluído).
No caso de que a subministración do expediente de contratación AXGE.24.SU.02 (número de referencia contable 2023 00001) non chegase a ser entregada total ou parcialmente, o órgano adxudicante poderá ditar unha nova resolución, na que indique o equipamento que non sería adxudicado. Neste caso as entidades locais afectadas perderán o dereito recoñecido nesta resolución.
Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2024
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Disposición derradeira cuarta da Orde do 22 de xullo de 2024;
DOG número 149, do 2 de agosto)
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior
ANEXO I
Liña 1. Kits de material loxístico de seguridade viaria.
|
Entidade local |
|
Ames |
|
Bergondo |
|
Betanzos |
|
Carballo |
|
Malpica de Bergantiños |
|
Muxía |
|
Narón |
|
Pobra do Caramiñal (A) |
|
Ribeira |
|
Chantada |
|
Monforte de Lemos |
|
Vicedo (O) |
|
Vilalba |
|
Allariz |
|
Barbadás |
|
Carballiño (O) |
|
Cortegada/Padrenda |
|
Maceda |
|
Mancomunidade de Terras de Celanova |
|
Pobra de Trives (A) |
|
Ribadavia |
|
Lalín |
|
Mancomunidade de Val Miñor |
|
Mos |
|
Poio |
|
Porriño (O) |
|
Redondela |
|
Vilagarcía de Arousa |
Liña 2. Kits de ferramentas eléctricas para a atención ás emerxencias.
|
Entidade local |
|
Arteixo |
|
Boiro |
|
Cambre |
|
Miño |
|
Oleiros |
|
Padrón |
|
Pontes de García Rodríguez (As) |
|
Rianxo |
|
Santa Comba |
|
Cervantes |
|
Meira |
|
Baños de Molgas |
|
Cualedro/Monterrei |
|
Manzaneda |
|
Petín |
|
Sarreaus |
|
Verín |
|
Vilar de Barrio |
|
Xinzo de Limia |
|
Cangas |
|
Mondariz (Oitavén Tea) |
|
Moraña |
|
Ponteareas |
|
Rosal (O) |
|
Salceda de Caselas |
|
Tomiño |
|
Tui |
|
Valga |
Liña 3. Remolques para a atención ás emerxencias.
|
Entidade local |
|
Barreiros |
|
Ribeira de Piquín |
|
Trabada |
|
Valadouro (O) |
|
Baltar |
|
Bola (A) |
|
Calvos de Randín |
|
Entrimo |
|
Mancomunidade do Ribeiro |
|
Barro |
Liña 4. Tendas de campaña para emerxencias.
|
Entidade local |
|
Laxe |
|
Ponteceso |
|
Teo |
|
Trazo |
|
Vilasantar |
|
Zas |
|
Negueira de Muñiz |
|
Xermade |
|
Bolo (O) |
|
Larouco |
|
Laza |
|
Maside |
|
Mezquita (A) |
|
Muíños |
|
Porqueira |
|
Sandiás |
|
Dozón |
|
Cuntis |
|
Meis |
|
Moaña |
|
Ribadumia |
