DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 6 de novembro de 2024 Páx. 59014

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ACORDO do 26 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, e o estudo de impacto ambiental, das instalacións do parque eólico Paradanta, situado nos concellos da Cañiza, Arbo e As Neves, da provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2019/048).

Sométense a información pública as solicitudes relacionadas coas instalacións que se describen a seguir, en cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e demais normas vixentes de aplicación.

Solicitante: Paradanta Eólica, S.L.

Denominación do proxecto: parque eólico Paradanta.

Concellos afectados: A Cañiza, Arbo e As Neves (Pontevedra).

Potencia que se vai instalar: 16,8 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 4.

Produción neta anual estimada: 47.216 (Mwh/ano).

Orzamento total (execución material): 11.912.772,00 €.

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértices

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

1

552.543,00

4.670.008,00

2

553.886,00

4.670.008,00

3

555.379,00

4.669.490,00

4

555.379,00

4.666.625,00

5

556.928,00

4.664.650,00

6

556.928,00

4.663.867,00

7

555.814,00

4.662.653,00

8

552.543,00

4.662.653,00

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Modelo

1

555.016,00

4.669.322,00

Vestas V136 4,2 MW 112 m

2

554.990,00

4.668.915,00

Vestas V136 4,2 MW 112 m

3

553.143,00

4.663.139,00

Vestas V136 4,2 MW 112 m

4

553.193,00

4.662.854,00

Vestas V136 4,2 MW 112 m

Coordenadas da envolvente do centro de seccionamento e medida CSM PE Paradanta:

Vértice envolvente

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

A

556.786,61

4.663.855,47

B

556.792,13

4.663.844,82

C

556.788,56

4.663.843,01

D

556.783,04

4.663.853,67

Coordenadas da arqueta receptora na subestación colectora Montouto 220/20 kV:

Arqueta receptora

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Centro

556.820,00

4.663.821,00

Características técnicas recollidas no proxecto:

– Catro (4) aeroxeradores de 4.200 kW de potencia unitaria, de 136 m de diámetro de rotor e unha altura de buxeiro de 112 m, correspondentes co modelo Vestas V136.

– Catro (4) centros de transformación de potencia nominal 4.700 kVA e tensión 20/0,72 kV, situados no interior dos aeroxeradores.

– Rede de media tensión de 20 kV soterrada, formada por dous (2) circuítos con cables RHZ1 12/20 kV Al de 240 mm2, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e o centro de seccionamento CSM PE Paradanta. Pola mesma gabia discorrerá cable de terra de 50 mm2 e condutor de fibra óptica que se empregará para a monitorización e control do parque eólico.

– Instalación dun centro de seccionamento e medida CSM PE Paradanta, constituído por un módulo prefabricado normalizado de planta rectangular, de dimensións exteriores 8,08 x 2,38 m, e que albergará:

• Celas de 20 kV consistentes en: dúas (2) celas de entrada de liña para a conexión dos cables procedentes dos aeroxeradores, unha (1) cela de medida, unha (1) cela de protección do transformador de servizos auxiliares, e unha (1) cela de protección e seccionamento para a saída da liña de conexión coa subestación colectora existente Montouto 220/20 kV (expediente de tramitación de ampliación IN408A 2020/178).

• Armario de contadores para medida.

• Armario de servizos auxiliares.

• Armario rectificador-cargador con tensións 230 Vac y 48 Vdc.

• Cadro de control.

• Rack de comunicacións.

• Transformador de servizos auxiliares 20/0,400-0,230 kV 50 kVA de tipo encapsulado (seco), con refrixeración por aire.

– Liña de evacuación soterrada de dobre circuíto 20 kV, con condutor 2 x RHZ1 12/20 kV Al de 240 mm2 de interconexión entre o centro de seccionamento CSM PE Paradanta e o centro de seccionamento e medida CSM SE Montouto 220/20 kV, este último correspondente a outro expediente de tramitación independente IN408A 2020/178, como xa se indicou nun parágrafo anterior. Pola mesma gabia discorrerá cable de terra de 50 mm2 e condutor de fibra óptica.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto das referidas instalacións é a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio deste acordo, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos:

– Proxecto técnico parque eólico Paradanta (abril 2023), asinado o 27.4.2023 polo enxeñeiro industrial José Ernesto Rodríguez Blanco, colexiado núm. 1185 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

– Estudo de impacto ambiental parque eólico Paradanta (abril 2024), elaborado pola empresa Adantia, S.L., asinado o 14.5.2024 polo licenciado en Bioloxía Jordi Soláns Oste.

Polo exposto, o proxecto faise público para o coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43-4º, 36071 Pontevedra, teléfono 986 80 52 34), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como nas dependencias dos concellos da Cañiza (rúa Oriente, número 11, 36888 A Cañiza), Arbo (praza do Consistorio, número 1, 36430 Arbo) e As Neves (praza da Cristiandade, número 1, 36440 As Neves). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través da seguinte ligazón:

https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica

Pontevedra, 26 de setembro de 2024

Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra