DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 7 de novembro de 2024 Páx. 59111

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 10 de xullo de 2024 pola que se conceden as axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento de bonos de innovación para pequenas e medianas empresas cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, convocadas pola Resolución do 29 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 22 de xaneiro de 2024).

Mediante a Resolución da Axencia Galega de Innovación do 29 de decembro de 2023 (DOG número 15, do 22 de xaneiro de 2024) convocáronse as subvencións para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento de bonos de innovación para pequenas e medianas empresas cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3.

Mediante a Resolución do 10 de xullo de 2024, da directora da Axencia Galega de Innovación (DOG número 140, do 19 de xullo) concedéronse as axudas convocadas pola Resolución do 29 de decembro de 2023. Tras se detectaren erros na consideración como empresa en crise de entidades con menos de tres anos de antigüidade, cómpre corrixir a Resolución do 10 de xullo de 2024.

De acordo con isto, e atendendo ao informe elaborado na sesión do 21 de agosto de 2024 pola Comisión de Selección,

RESOLVO:

1. Eliminar do anexo VI de solicitudes inadmitidas da Resolución do 10 de xullo de 2024, pola que se conceden as axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento de bonos de innovación para pequenas e medianas empresas cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, convocadas pola Resolución do 29 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 22 de xaneiro de 2024) as solicitudes seguintes:

Nº de expediente

Liña

Razón social

NIF

IN848F-2024-00000028-00

1

Apa Soluciones Digitales, S.L.

B56461817

IN848F-2024-00000083-00

1

Equipamientos Comerciales Reciclados, S.L.

B56292493

IN848F-2024-00000084-00

1

A Milpa do Salnés, S. Coop. Galega

F42954826

IN848F-2024-00000043-00

2B

Aguia Analítica Avanzada, S.L.

B10630606

IN848F-2024-00000045-00

2B

Mueveteporelmundo, S.L.

B10608859

IN848F-2024-00000071-00

2B

Desarrollo Objetivo Sostenible Dosfer, S.L.

B56417959

2. Concederlles as axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento de bonos de innovación para pequenas e medianas empresas cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, ás solicitudes da liña 1, que figuran como anexo I, e ás solicitudes da liña 2B, que figuran como anexo II, respectivamente, anexos que se xuntan con esta proposta (ordenadas por puntuación).

O importe total das axudas concedidas é de 47.289,50 €, con cargo á aplicación orzamentaria que se recolle no seguinte cadro:

Aplicación/proxecto

Liña

Anualidade 2024

Total

09.A2.561A.770.0/
2016 00013

Liña 1. Servizos de apoio á innovación

32.390,00 €

47.289,50 €

Liña 2A. Tramitación de incentivos fiscais e bonificacións de persoal investigador

0,00 €

Liña 2B. Xestión de axudas

14.899,50 €

3. Desestimar as solicitudes que se relacionan no anexo III polos motivos que se indican nel.

4. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación sinalada no artigo 27 da resolución de convocatoria durante o prazo establecido no artigo 26, punto 1.

5. O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 28 da resolución de convocatoria.

Contra esta resolución, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpor recurso de alzada durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da notificación da resolución, ante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2024

Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Proposta de concesión liña 1 (orde descendente de puntuación)

Nº de expediente

Razón social

NIF

Puntos

Orzamento total

Axuda total

IN848F-2024-00000084-00

A Milpa do Salnés, S. Coop. Galega

F42954826

82

21.700,00 €

15.190,00 €

IN848F-2024-00000083-00

Equipamientos Comerciales Reciclados, S.L.

B56292493

67

26.000,00 €

17.200,00 €

Total líña 1

47.700,00 €

32.390,00 €

ANEXO II

Proposta de concesión liña 2B (orde descendente de puntuación)

Nº de expediente

Razón social

NIF

Puntos

Orzamento total

Axuda total

IN848F-2024-00000045-00

Mueveteporelmundo, S.L.

B10608859

34

6.985,00 €

4.889,50 €

IN848F-2024-00000043-00

Aguia Analítica Avanzada, S.L.

B10630606

15

7.500,00 €

5.000,00 €

IN848F-2024-00000071-00

Desarrollo Objetivo Sostenible Dosfer, S.L.

B56417959

14

7.143,00 €

5.000,00 €

Total liña 2B

21.628,00 €

14.889,50 €

ANEXO III

Solicitudes desestimadas

Nº de expediente

Liña

Razón social

CIF

Motivos

IN848F-2024-00000084-00

2B

Apa Soluciones Digitales, S.L.

B56461817

1

Causa de desestimación

1

Artigo 19.1. A proposta non acada a puntuación mínima exixida para ser beneficiario (50 puntos para a liña 1, 10 puntos para a liña 2)