DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 7 de novembro de 2024 Páx. 59110

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

EXTRACTO da Orde do 29 de outubro de 2024 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación convocadas pola Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (Diario Oficial de Galicia número 14, do 19 de xaneiro de 2024) (código de procedemento TR342C).

BDNS (Identif.): 737442.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario 

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 29 de outubro de 2024 pola que se fai publica a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación convocadas pola Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG núm. 14, do 19 de xaneiro de 2024), na seguinte contía e aplicación orzamentaria:

44.04.322C.470.3, no código de proxecto 2016 00313 na contía de 706.879,80 €.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para presentar as solicitudes.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2024

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración