DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 7 de novembro de 2024 Páx. 59108

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 29 de outubro de 2024 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación convocadas pola Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (Diario Oficial de Galicia número 14, do 19 de xaneiro de 2024) (código de procedemento TR342C).

A Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, DOG núm. 14, do 19 de xaneiro de 2024, establece no seu artigo 4 o crédito orzamentario que financia os incentivos á contratación por conta allea.

Así mesmo, establece no seu artigo 4.5 que poderá ampliarse a contía máxima deste crédito para esta convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, de acordo co establecido no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 30.2 do seu regulamento de desenvolvemento.

Así, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, como consecuencia da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo a créditos incluídos no mesmo programa, cómpre ampliar o importe do crédito destinado ás axudas á contratación por conta allea do colectivo de mulleres que poderán ser concedidas ao abeiro da orde que se cita nesta disposición, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de entidades beneficiarias posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Amplíase o importe total das axudas establecidas na Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG núm. 14, do 19 de xaneiro de 2024), concretamente a liña de incentivos á contratación por conta allea, regulada no capítulo II, que se van conceder ao abeiro desta orde de convocatoria, na seguinte contía e aplicación orzamentaria que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024:

44.04.322C.470.3, no código de proxecto 2016 00313 na contía de 706.879,80 €.

Artigo 2

Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde entrara en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2024

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración