A persoa representante da titularidade do centro privado (CPR) Tomás Barros, da Coruña, solicita a extinción da autorización por cesamento de actividades docentes.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Extinción da autorización
Extinguir, de conformidade co artigo 17.1 do Decreto 133/1995, do 10 de maio, por cesamento nas súas actividades docentes, por instancia da titularidade do centro, a autorización do centro privado (CPR) Tomás Barros, da Coruña, con código 15032169.
Artigo 2. Inscrición no Rexistro de Centros
A extinción da autorización dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2024
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
