Mediante a Orde do 21 de marzo de 2023 establecéronse as bases reguladoras, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable, e realizouse a súa convocatoria para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento DE401C), e publicouse no Diario Oficial de Galicia número 60, do 27 de marzo (en diante, Orde do 21 de marzo de 2023).
Mediante a Resolución do 18 de xullo de 2023, do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, publicouse a concesión de subvencións da Orde do 21 de marzo de 2023; DOG número 143, do 28 de xullo (en diante, Resolución do 18 de xullo).
Entre as entidades beneficiarias figura o Concello de Quiroga cunha axuda para a execución da seguinte actuación:
|
Descrición da actuación |
Orzamento |
Axuda concedida para 2023 |
Axuda concedida para 2024 |
|
Equipamento deportivo de voleibol |
5.275,41 € |
2.482,40 € |
1.737,93 € |
Consta xustificado e pagado o importe da axuda correspondente á anualidade de 2023.
O artigo 16.2 da Orde do 21 de marzo de 2023 establece que as entidades beneficiarias terán de prazo para executar as actuacións subvencionadas e presentar a documentación xustificativa ata o 31 de outubro de 2023-2024.
O 30 de setembro de 2024 o Concello de Quiroga solicitou unha modificación na actuación subvencionada, consistente en substituír un dos dous pódium de xuíz de voleibol previstos inicialmente por un tatami para a práctica de voleibol. A modificación proposta supón unha minoración do orzamento total da actuación subvencionada, que pasa de 5.275,41 euros a 5.203,00 euros.
O artigo 14.3 da Orde do 21 de marzo de 2023 establece que as entidades beneficiarias quedan obrigadas a destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e executar a totalidade das actuacións que integran o proxecto presentado xunto coa solicitude e que fundamentou a resolución de concesión, sen prexuízo das modificacións das características do proxecto subvencionado que o órgano competente poida autorizar consonte as prescricións da normativa de aplicación.
O artigo 22.1 da Orde do 21 de marzo de 2023 establece que toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
O artigo 22.2 da Orde do 21 de marzo de 2023 habilita para autorizar as modificacións da resolución de concesión atendendo aos obxectivos e requisitos da orde e ao cumprimento da normativa de aplicación, en particular ao establecido no artigo 7 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas (DOG número 201, do 20 de outubro). A autorización para a modificación do proxecto acordarase mediante resolución do órgano competente para a concesión destas axudas, sempre e cando non se cause prexuízo a terceiro.
Correspóndelle ao secretario xeral para o Deporte a competencia para resolver esta solicitude de modificación, ao abeiro dos artigos 3.5 e 3.6 da Orde do 12 de xuño de 2024 sobre delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica e noutros órganos da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (DOG número 117, do 18 de xuño).
Analizada a documentación que figura no expediente e vista a proposta da Subdirección Xeral de Xestión Deportiva, conclúese que se dan os requisitos exixidos polos preceptos legais e regulamentarios expostos para acordar a autorización da modificación do proxecto que constitúe o obxecto da resolución de concesión da subvención.
Posto que se produce unha minoración do custo total do proxecto e que, de conformidade co artigo 2.2 da Orde do 21 de marzo de 2023, a axuda económica que se conceda financiará ata o 80 % do orzamento do equipamento, procede a modificación do expediente de gasto, de conformidade co artigo 35.7 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG número 20, do 29 de xaneiro de 2009).
Tendo en conta o exposto e ao abeiro do artigo 22 da Orde do 21 de marzo de 2023,
RESOLVO:
Primeiro. Modificar, nos seguintes termos, a subvención concedida ao Concello de Quiroga mediante a Resolución do 18 de xullo de 2023:
|
Descrición da actuación |
Orzamento |
Axuda concedida para 2023 |
Axuda concedida para 2024 |
|
Equipamento deportivo de voleibol |
5.203,00 € |
2.482,40 € |
1.680,00 € |
Segunda. Minorar o crédito comprometido con cargo á anualidade de 2024 a favor do Concello de Quiroga en 57,93 euros.
Terceira. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2024
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Orde do 12.6.2024; DOG núm. 117, do 18 de xuño)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte
