En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir.
Antecedentes:
• O 26.10.2017, Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U., actualmente Naturgy Renovables, S.L.U. (en diante, a promotora) presenta ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais solicitude de autorización de instalación de produción de enerxía eléctrica e das súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico de Montelora e da súa infraestrutura eléctrica de evacuación, e esta dirección xeral notificou á promotora o 26.1.2018 a súa admisión a trámite.
• O 22.1.2019 a promotora presenta solicitude de modificación substancial do parque eólico e da súa infraestrutura de evacuación de Montelora. O 14.1.2020, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notifica á promotora a admisión a trámite da devandita modificación substancial.
• O 24.11.2022 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notifica requirimento de documentación para completar o expediente, e a promotora entregou esta documentación requirida o 22.12.2022.
• O 31.5.2023 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais solicita á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo informe sobre o proxecto sectorial, e o 19.6.2023 esta dirección xeral emite o informe sobre o proxecto sectorial segundo o previsto no artigo 33.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
• Con data do 3.10.2023 e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais envía a esta xefatura territorial o expediente para continuar coa súa tramitación.
Os datos do proxecto son os seguintes:
Solicitante/promotora: Naturgy Renovables, S.L.U. (NIF B84160423).
Denominación do proxecto: parque eólico de Montelora e da súa infraestrutura eléctrica de evacuación, de decembro de 2022, visado co número AE065052 polo Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Tarragona.
Situación: Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira (Lugo).
Orzamento de execución material:
Orzamento do parque eólico: 19.034.776,87 €.
Orzamento das infraestruturas eléctricas de evacuación do parque eólico: 3.957.165,37 €.
Características técnicas das instalacións:
Parque eólico (situado nos concellos de Baralla e Láncara), constituído por 8 aeroxeradores de 3,450 MW de potencia nominal unitaria, sendo a potencia eléctrica bruta total instalada de 27,6 MW, unha estación anemométrica sobre torre autoportada de 154 m de altura e as infraestruturas de obra civil necesarias (camiños de acceso ao parque eólico, camiños interiores entre aeroxeradores, cimentacións, plataformas de montaxe de aeroxeradores e canalizacións de gabia).
Os terreos onde se situará o parque eólico Montelora localízanse nos lugares denominados Monte Fontarrodas, Cubilledo, Monte Travesa e Veiga, pertencentes aos concellos de Baralla e Láncara, na provincia de Lugo.
Coordenadas da poligonal do parque eólico en UTM (fuso 29, ETRS89):
|
Vértice polígono |
Coordenada X |
Coordenada Y |
|
P1 |
640.550,00 |
4.747.000,00 |
|
P2 |
644.800,00 |
4.747.000,00 |
|
P3 |
644.800,00 |
4.742.800,00 |
|
P4 |
640.550,00 |
4.742.800,00 |
Coordenadas de localización dos aeroxeradores UTM (fuso 29, ETRS89):
|
Aeroxeradores |
Coordenada X |
Coordenada Y |
Concello |
|
L9-01 |
643.036,00 |
4.743.110,00 |
Láncara |
|
L9-02 |
642.833,00 |
4.743.469,00 |
Láncara |
|
L9-03 |
642.685,00 |
4.743.859,00 |
Láncara |
|
L9-04 |
642.478,00 |
4.744.218,00 |
Láncara |
|
L9-05 |
642.244,00 |
4.744.528,00 |
Láncara |
|
L9-06 |
641.561,00 |
4.745.637,00 |
Láncara |
|
L9-07 |
641.376,00 |
4.746.033,00 |
Baralla |
|
L9-08 |
641.263,00 |
4.746.441,00 |
Baralla |
Coordenadas de localización da estación anemométrica no sistema de referencia UTM (fuso 29, ETRS89):
|
Localización |
Coordenada X |
Coordenada Y |
|
Estación |
642.016,00 |
4.744.863,00 |
Inclúe as infraestruturas eléctricas de xeración en media tensión (30 kV) ata a subestación do parque eólico, que inclúe condutores de media tensión (30 kV), condutores de fibra óptica e condutores de rede de terras.
Infraestruturas eléctricas de evacuación do parque eólico Montelora, constituídas por:
– Subestación PE Montelora 30/132 kV, estará constituída por:
• Un parque de intemperie no que se instala unha posición liña-transformador en 132 kV con tecnoloxía HIS.
• Un transformador 30/132 kV de 28/33 MVA.
• Un edificio de control onde se aloxará a parte do sistema de 30 kV, onde se conectan ao embarrado de 30 kV as liñas eléctricas de xeración a través das celas de protección e medida. Anexo a este situarase a parte á intemperie da subestación de 132/30 kV do parque eólico, desde cuxo pórtico de saída de 132 kV, sairá a liña aérea de 132 kV ata a subestación do PE do Punago-Vacariza.
Coordenadas de localización dos vértices do valado da subestación Montelora no sistema de referencia UTM (fuso 29, ETRS89):
|
Vértice polígono Subestación |
Coordenada X |
Coordenada Y |
|
A |
641.701,92 |
4.745.298,53 |
|
B |
641.686,10 |
4.745.318,33 |
|
C |
641.697,74 |
4.745.327,63 |
|
D |
641.673,53 |
4.745.357,95 |
|
E |
641.692,11 |
4.745.372,79 |
|
F |
641.732,14 |
4.745.322,66 |
|
P |
641.685,99 |
4.745.356,90 |
Coordenadas de localización dos vértices da envolvente da subestación Montelora no sistema de referencia UTM (fuso 29, ETRS89):
|
Vértice polígono Subestación |
Coordenada X |
Coordenada Y |
|
G |
641.700,98 |
4.745.295,60 |
|
H |
641.660,11 |
4.745.350,34 |
|
I |
641.692,58 |
4.745.375,03 |
|
J |
641.734,78 |
4.745.322,61 |
– Liña aérea 132 kV entre a subestación do PE Montelora e subestación do PE Serra do Punago-Vacariza 30/132 kV ten a súa orixe no apoio nº 1 onde se conectará co pórtico da SET do PE Montelora e discorre a través de 74 apoios ata o apoio nº 74 onde conectará o pórtico da SET do PE O Punago-Vacariza. Está situada nos concellos de Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira (Lugo).
O condutor é de tipo: 147-A L1/34-ST1A (LA-180).
– Construción dun novo embarrado e ampliación de dúas posicións de liña de 132 kV na subestación PE Serra do Punago-Vacariza 30/132 kV.
Coordenadas de localización dos vértices do valado da subestación PE Serra do Punago-Vacariza 30/132 kV no sistema de referencia UTM (fuso 29, ETRS89):
|
Vértice polígono Subestación |
Coordenada X |
Coordenada Y |
|
A |
641.802,63 |
4.761.264,55 |
|
B |
641.813,82 |
4.761.334,58 |
|
C |
641.840,85 |
4.761.258,44 |
|
D |
641.852,01 |
4.761.328,48 |
|
P |
641.832,31 |
4.761.323,02 |
Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.
Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
• Obxecto da información pública:
• Proxecto de execución de decembro de 2022 visado polo Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Tarragona, con número AE065052.
Estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado o 19.12.2022).
O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias de enerxías renovables do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico renovables.medio-ambiente.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 49 75, así como nos concellos de Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira (Lugo).
Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través da seguinte ligazón https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica.
Lugo, 23 de outubro de 2024
Jesús Montouto González
Director territorial de Lugo
