DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 8 de novembro de 2024 Páx. 59268

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2024 pola que se modifica o anexo III da Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.

A Orde do 21 de xaneiro de 2021 aproba os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.

Para adaptar os anexos da devandita orde aos diversos cambios normativos acaecidos, á imaxe corporativa da Xunta de Galicia e para substituír a denominación de cartas de pagamento por exemplares para outras administracións ou oficinas, modificáronse estes nas resolucións da Axencia Tributaria de Galicia do 14 de maio, do 6 de agosto, do 29 de decembro de 2021, e do 27 de decembro de 2023.

Nestes momentos é preciso modificar o anexo III correspondente ao modelo da autoliquidación do imposto de sucesións e doazóns 650, aprobado pola Orde do 21 de xaneiro de 2021 para que se poida indicar que hai unha solicitude de prórroga concedida, así como os xuros de demora que procedan nese caso, para o que é competente a persoa titular da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia con base na habilitación normativa prevista na disposición adicional sexta da devandita orde.

En consecuencia,

RESOLVO:

Primeiro

Modificar o anexo III da Orde do 21 de xaneiro de 2021 para facilitar que se indique que hai unha solicitude de prórroga concedida, así como os xuros de demora que procedan nese caso, que pasa a ser o seguinte:

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

Segundo

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición transitoria

O modelo en papel de autoliquidación 650 que é substituído mediante esta resolución seguirá tendo validez ata o seu esgotamento.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2024

Sonia Lafont Sendino
Directora da Axencia Tributaria de Galicia