Pola Resolución reitoral do 28 de febreiro de 2024 (DOG do 12 de marzo e BOE do 26 de marzo), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional cociñeiro/a, grupo IV.1, pola quenda de acceso libre.
Mediante a Resolución reitoral do 22 de abril de 2024 (DOG do 2 de maio) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.
Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas e que non están exentas para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 19 de decembro, ás 9.00 horas, na sala de xuntas da planta baixa do edificio Cactus (Campus Vida), Santiago de Compostela.
A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2024
Antonio López Díaz
Rector da Universidade de Santiago de Compostela
