DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2024 Páx. 59747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2023/471-4).

Expediente: IN407A 2023/471-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS PSY na subestación Ponte Sampaio.

Concello: Pontevedra.

Feitos:

1. O 23.10.2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica denominada LMTS PSY na subestación Ponte Sampaio.

A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, no cal figura un orzamento total de 95.513,05 euros.

Unha vez examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste nas seguintes actuacións previstas na subestación de Ponte Sampaio, no concello de Pontevedra:

Desmontaxe das seguintes saídas:

• PSY810 Soutomaior 10 de 20 kV (35 metros no tramo PSY8100570 desde as antigas celas MT ata o apoio A4A1WID2//A4A1WID2).

• PSY703 Rosalía de Castro 3 e PSY702 Ferreiras 2 de 15 kV (72 metros no tramo PSY7030183 e 78 metros no tramo PSY7021284 desde as antigas celas MT ata os autotrafos existentes na subestación Ponte Sampaio).

• PSY804 Santo Adrián Signo 4 4, PSY806 Vilaboa Signo 6 e PSY805 Marín 5 de 20 kV (65 metros no tramo PSY8040648, 65 metros no tramo PSY8068432 e 65 metros no tramo PSY8053927 desde as antigas celas MT ata a arqueta situada na entrada da subestación).

Instalación dunha liña de media tensión subterránea (LMTS) de 967 metros para enlazar a rede existente coas novas celas MT da subestación Ponte Sampaio.

2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Pontevedra, ADIF, o Instituto de Estudos do Territorio, o Servizo de Urbanismo e o Servizo do Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos polo Concello de Pontevedra, ADIF, o Servizo de Urbanismo e o Servizo do Patrimonio Cultural.

O Instituto de Estudos do Territorio non emitiu o condicionado técnico. Enténdese en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas.

1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para resolver os procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1-OL(S) 12/20 kV 1×240 mm² Al, en 12 actuacións:

PSY810

1. 21 metros con orixe na nova cela na subestación Ponte Sampaio e final na saída do novo edificio da subestación.

2. 184 metros, con orixe na saída do novo edificio da subestación e final no apoio existente A4A1WID2//A4A1WID2.

PSY703

3. 21 metros, con orixe na nova cela na subestación Ponte Sampaio e final na saída do novo edificio da subestación.

4. 141 metros, con orixe na saída do novo edificio da subestación e final no autotrafo existente.

PSY702

5. 21 metros, con orixe na nova cela na subestación Ponte Sampaio e final na saída do novo edificio da subestación.

6. 138 metros, con orixe na saída do novo edificio da subestación e final no autotrafo existente.

PSY805

7. 21 metros, con orixe na nova cela na subestación Ponte Sampaio e final na saída do novo edificio da subestación.

8. 126 metros, con orixe na saída do novo edificio da subestación e final na LMTS PSY8053927.

PSY804

9. 21 metros, con orixe na nova cela na subestación Ponte Sampaio e final na saída do novo edificio da subestación.

10. 126 metros, con orixe na saída do novo edificio da subestación e final na LMTS PSY8040648.

PSY806

11. 21 metros, con orixe na nova cela na subestación Ponte Sampaio e final na saída do novo edificio da subestación.

12. 126 metros, con orixe na saída do novo edificio da subestación e final na LMTS PSY8068432.

A instalación esta situada dentro do recinto da subestación Ponte Sampaio, no Vao, no concello de Pontevedra.

Conforme ao indicado,

RESOLVO:

1. Outorgarlle á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS PSY na subestación Ponte Sampaio, expediente IN407A 2023/471-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

2. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán sempre as condicións regulamentarias de seguridade. Deberanse cumprir en todo momento as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

3. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado de dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

5. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 21 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra