DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2024 Páx. 59736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Oia (expediente IN407A 2023/497-4).

Expediente: IN407A 2023/497-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS ROS805, CTC e instalación RC.

Concello: Oia.

Feitos

1. O 9.11.2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica denominada LMTS ROS805, CTC e instalación RC.

A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, no cal figura un orzamento total de 147.944,49 euros.

Unha vez examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade resolver os problemas de subtensións e sobretensións na rede de baixa tensión existente pertencente ao centro de transformación Vilar-Pedornes (36CKD2), mediante as seguintes actuacións no lugar de Cardorrío, na parroquia de Pedornes, no concello de Oia (Pontevedra):

Instalación dun centro de transformación de 100 kVA de potencia, compacto rural de manobra exterior telexestionado con envolvente prefabricada de formigón, conectado ao tramo da liña de media tensión aérea ROS8050249 e que estará situado na parcela con referencia catastral 36036A016000340000QY.

Substitución do apoio de formigón 9O472HXB//98, situado no tramo ROS8050249, por un apoio de celosía C-1000/14, no cal se instalará un reconectador.

Retensado do van augas arriba do apoio proxectado.

Substitución de 126 metros de condutor LA-110 desde o apoio proxectado ata o apoio 9O500FWI//99.

Liña de media tensión subterránea de 226 metros entre o apoio proxectado e o centro de transformación proxectado.

2. Este departamento territorial solicitoulles o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectados, isto é, o Concello de Oia, Augas de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio e o Servizo do Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido polo Servizo do Patrimonio Cultural.

Os demais organismos non emitiron os condicionados técnicos. Enténdese, en consecuencia, a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 26.12.2023, publicada nos seguintes medios:

DOG (Diario Oficial de Galicia): 26.1.2024.

Xornal Faro de Vigo: 18.1.2024.

Taboleiro de anuncios do Concello de Oia, desde o 26.1.2024 ata o 8.3.2024, segundo o certificado emitido polo propio Concello.

Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

Durante este trámite non se recibiron alegacións.

Consideracións legais e técnicas:

1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para resolver os procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Substitución do apoio 90472HXB//98 da LMTA ROS8050249 por un apoio C-1000/14, no cal se instala un reconectador e se realiza un paso aéreo-subterráneo (PAS).

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-110, de 126 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-1000/14 e final no apoio existente C-2000/14 (9O500FWI//99).

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 226 metros de lonxitude, con orixe no PAS no apoio proxectado C-1000/14 e final no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación a 100 kVA con relación de transformación 20kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36036A016000340000QY, no camiño do Xardín.

A instalación está situada en Cardorrío, parroquia de Pedornes, no concello de Oia (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

1. Outorgarlle á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS ROS805, CTC e instalación RC, expediente IN407A 2023/497-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícita, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. Deberanse cumprir sempre as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante esta xefatura territorial acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado de dirección final de obra no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 21 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados, Concello de Oia

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT

Afeccións

m2

ml sub.

m2 sub.

1

Gendes

Rústico

36036A015001970000QO

Descoñecido/a

1

1,44

4,53

12,62

2

Os Pinales

Rústico

36036A016000340000QY

Descoñecido/a

CT

18,945

4,05

16,61