Visto o texto do Plan de xubilación parcial anticipada para o persoal de administración e servizos laboral fixo da Universidade de Santiago de Compostela ata o 31 de decembro de 2026, que se subscribiu o 27 de maio de 2024, entre a representación de USC e a representación legal dos traballadores e traballadoras das centrais sindicais UGT, CIG, CC.OO., PUSC e CSIF, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade.
A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
RESOLVE:
Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).
Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2024
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
Plan de xubilación parcial anticipada para o persoal de administración
e servizos laboral fixo da Universidade de Santiago de Compostela
O acordo de xubilación parcial anticipada para o persoal de administración e servizos laboral fixo da Universidade de Santiago de Compostela, asinado o 5 de xullo de 2019, está vixente ata o 31 de decembro de 2024 e pódese prorrogar por anos sucesivos, por acordo expreso de ambas as partes, ata o 31 de decembro de 2027.
A Xerencia, no exercicio das competencias que ten atribuídas, e o Comité lntercentros negociaron e acordaron a prórroga ata 31 de decembro de 2026 do dito acordo, e actualizáronse os requisitos da persoa traballadora de conformidade coa lexislación vixente de aplicación, recollidos no artigo 2 do referido acordo:
2. Requisitos da persoa traballadora:
– Ter a idade mínima establecida pola lexislación aplicable, así como o período de cotización exixido no momento do feito causante:
|
Ano |
Idade exixida segundo os períodos cotizados |
Idade con 33* anos cotizados |
|
|
2024 |
62 anos e 6 meses |
36 anos ou máis |
64 anos |
|
2025 |
62 anos e 8 meses |
36 anos e 3 meses ou máis |
64 anos e 4 meses |
|
2026 |
62 anos e 10 meses |
36 anos e 3 meses ou máis |
64 anos e 8 meses |
|
2027 e seguintes |
63 anos |
36 anos e 6 meses ou máis |
65 anos |
*25 anos no suposto de persoas con discapacidade nun grao igual ou superior ao 33 %.
En mostra de conformidade, asinan este acordo en Santiago de Compostela o 27 de maio de 2024.
