DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 13 de novembro de 2024 Páx. 60067

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 7 de novembro de 2024 pola que se modifica a dotación orzamentaria da Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas entidades de xestión dos montes veciñais en man común e dos montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR651C).

O día 19 de xaneiro de 2024, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas entidades de xestión dos montes veciñais en man común e dos montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR651C).

O artigo 5 da orde de convocatoria regula as aplicacións orzamentarias e os importes económicos previstos para o financiamento da axuda para impulso da boa gobernanza. Ademais, recolle a posibilidade de ampliación de crédito nos supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, recolle a posibilidade de ampliar o crédito dispoñible para o financiamento da orde cando o aumento veña derivado ben dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ben da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. Neste caso, procede o incremento do orzamento debido á existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

A dotación orzamentaria desta orde na aplicación 14.03.713B.770.0 é, segundo o artigo 5, puntos 1 e 2, a seguinte:

1. As accións previstas nesta orde financiaranse, nos exercicios 2024 e 2025, con cargo ao código de proxecto 14.03.713B.770.0. 2021 00179, por un importe de 490.000 € distribuídos do seguinte xeito:

– 392.000 €, ano 2024.

– 98.000 €, ano 2025.

2. Segundo as actuacións obxecto de axuda definidas no artigo 3, o crédito distribúese do seguinte xeito:

– Actuación de revisión de esbozos das carpetas-ficha: asígnase un crédito total de 294.000 €, que se distribúe como segue:

• Para os montes veciñais e en man común asígnase un crédito total de 205.800 €, importe que se reparte como segue: 164.640 € para o ano 2024 e 41.160 € para o ano 2025.

• Para os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo asígnase un crédito total de 88.200 €, importe que se reparte como segue: 70.560 € para o ano 2024 e 17.640 € para o ano 2025.

– Actuación de deslindamentos parciais: asígnase un crédito total de 196.000 €, que se distribúe como segue:

• Para os montes veciñais e en man común asígnase un crédito total de 137.200 €, importe que se reparte como segue: 109.760 € para o ano 2024 e 27.440 € para o ano 2025.

• Para os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo asígnase un crédito total de 58.800 €, importe que se reparte como segue: 47.040 € para o ano 2024 e 11.760 € para o ano 2025.

A dotación asignada no código de proxecto 14.03.713B.770.0.2021 00179 é insuficiente tendo en conta o importe das solicitudes recibidas, polo que cómpre, mediante esta orde, ampliar a dotación orzamentaria das anualidades 2024 e 2025 para a concesión das mencionadas axudas.

Segundo o establecido na Orde do 25 de abril de 2024 pola que se regulan as actuacións orzamentarias e contables necesarias para a adaptación do orzamento á estrutura da Xunta de Galicia aprobada no Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, o novo código orzamentario da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal é o 45.

Por todo o anterior, procede ampliar a dotación orzamentaria asignada con cargo ás dispoñibilidades orzamentarias existentes na aplicación 45.03.713B.770.0 por importe de 1.886.000,00 euros, nas seguintes anualidades:

– Ano 2024: 384.000,00 euros.

– Ano 2025: 1.502.000,00 euros.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación dos puntos 1 e 2 do artigo 5 da Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas entidades de xestión dos montes veciñais en man común e dos montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR651C)

O punto 1 do artigo 5 queda como segue:

«1. As accións previstas nesta orde financiaranse, nos exercicios 2024 e 2025, con cargo ao código de proxecto 45.03.713B.770.0. 2021 00179, por un importe de 2.376.000 € distribuídos do seguinte xeito:

– 776.000 €, ano 2024.

– 1.600.000 €, ano 2025».

O punto 2 do artigo 5 queda como segue:

«2. Segundo as actuacións obxecto de axuda definidas no artigo 3, o crédito distribúese do seguinte xeito:

– Actuación de revisión de esbozos das carpetas-ficha: asígnase un crédito total de 1.425.600 €, que se distribúe como segue:

• Para os montes veciñais e en man común asígnase un crédito total de 1.405.600 €, importe que se reparte como segue: 454.809,60 € para o ano 2024 e 950.790,40 € para o ano 2025.

Para os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo asígnase un crédito total de 20.000 €, importe que se reparte como segue: 6.400 € para o ano 2024 e 13.600 € para o ano 2025.

– Actuación de deslindamentos parciais: asígnase un crédito total de 950.400 €, que se distribúe como segue:

• Para os montes veciñais e en man común asígnase un crédito total de 946.400 €, importe que se reparte como segue: 313.510,40 € para o ano 2024 e 632.889,60 € para o ano 2025.

• Para os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo asígnase un crédito total de 4.000 €, importe que se reparte como segue: 1.280 € para o ano 2024 e 2.720 € para o ano 2025».

Artigo 2. Ausencia de efectos sobre o prazo de solicitudes

A modificación prevista no artigo 1 desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2024

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural