BDNS (Identif.): 739653.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Modificación dos puntos 1 e 2 do artigo 5 da Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas entidades de xestión dos montes veciñais en man común e dos montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR651C)
Un. O punto 1 do artigo 5 queda redactado como segue:
«1. As accións previstas nesta orde financiaranse, nos exercicios 2024 e 2025, con cargo ao código de proxecto 45.03.713B.770.0. 2021 00179, por un importe de 2.376.000 € distribuídos do seguinte xeito:
– 776.000 €, ano 2024.
– 1.600.000 €, ano 2025».
Dous. O punto 2 do artigo 5 queda como segue:
«2. Segundo as actuacións obxecto de axuda definidas no artigo 3, o crédito distribúese do seguinte xeito:
– Actuación de revisión de esbozos das carpetas-ficha: asígnase un crédito total de 1.425.600 €, que se distribúe como segue:
• Para os montes veciñais e en man común asígnase un crédito total de 1.405.600 €, importe que se reparte como segue: 454.809,60 € para o ano 2024 e 950.790,40 € para o ano 2025.
• Para os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo asígnase un crédito total de 20.000 €, importe que se reparte como segue: 6.400 € para o ano 2024 e 13.600 € para o ano 2025.
– Actuación de deslindamentos parciais: asígnase un crédito total de 950.400 €, que se distribúe como segue:
• Para os montes veciñais e en man común asígnase un crédito total de 946.400 €, importe que se reparte como segue: 313.510,40 € para o ano 2024 e 632.889,60 € para o ano 2025.
• Para os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo asígnase un crédito total de 4.000 €, importe que se reparte como segue: 1.280 € para o ano 2024 e 2.720 € para o ano 2025».
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2024
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural
