DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2024 Páx. 60412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Veiga (expediente IN407A 2024/088-3).

Examinado o expediente instruído por solicitude de UFD Distribución Electricidad, S.A. sobre as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública das instalacións eléctricas que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTA, CTI e RBT Pradolongo.

Situación: lugar de Pradolongo, concello da Veiga.

Orzamento 50.342,53 €.

Características principais do proxecto, que foi asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, o 12.6.2024:

• Instalación baixo a traza da LMTA SAG703 dun novo apoio (núm. 76-B14) de celosía metálica, do tipo C-16/2000.

• Desmontaxe do tramo da LMTA SAG703 entre o apoio proxectado núm. 76-B14 e o apoio existente núm. 76-B15-CT, en que se sitúa o CT Pradolongo-32AW80, que se desmonta e se substitúe por un novo apoio de celosía metálica do tipo C-14/2000.

• Novo CT á intemperie, que se instala sobre o apoio proxectado núm. 76-B15-CT, de 50 kVA e r/t 15.000/400 V.

• LMTA, a 15 kV, de 43 m de lonxitude, en condutor LA-56, coa orixe no apoio proxectado núm. 76-B14 e final no apoio proxectado núm. 76-B15-CT.

A información pública do proxecto foi realizada mediante o Acordo deste departamento territorial do 12.7.2024, que foi inserido no DOG do 8.8.2024 e no xornal La Región de Ourense do 26.7.2024. O proxecto tamén estivo en exposición pública neste departamento territorial e no portal de transparencia desta consellería durante o prazo regulamentario. Dentro do prazo establecido para iso non foron presentadas alegacións.

O día 14.10.2024, a promotora presentou un escrito en que comunicaba que se chegara a un acordo co propietario do único predio incluído na RBDA e solicitaba que se continuase coa tramitación do expediente.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), este departamento territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 15 de outubro de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense