Expediente: IN407A 2022/183-1.
Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Instalación: regulamentación LMTA CRN708A (Valdoviño)-apoios AQBEN6CL//146 e AQA)0OJ8//147.
Concello: Valdoviño.
Feitos:
1. O día 23 de maio de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. O proxecto ten a finalidade de regulamentar un tramo aéreo da liña CRN-708.
Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:
• Proxecto de execución nomeado: regulamentación LMTA CRN708A (Valdoviño)-apoios AQBEN6CL//146 e AQA0OJ8//147, asinado o 13 de abril de 2021 por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial graduado de Enxeñaría Eléctrica, co nº de colexiado 4.684 de Vigo (COITIVigo).
• Anexo ao proxecto, asinado o 7 de xuño de 2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial e co nº de colexiado 15.670 de Madrid.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un Acordo do 10 de marzo de 2023, publicado nos seguintes medios:
• Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.
• DOG: 4 de abril de 2023, co número 66.
• BOP: 17 de marzo de 2023, co núm. 53.
• Xornal La Voz de Galicia: 27 de marzo de 2023.
• Taboleiro de anuncios do concello: notificado o Acordo de información pública para a súa exposición no taboleiro de anuncios do concello con data do 15 de marzo de 2023 e reiterada a solicitude de certificación o 1 de outubro de 2024 sen obter resposta por parte dese organismo.
3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidera prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe ao Servizo do Patrimonio Cultural-Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña e o Concello de Valdoviño. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado establecido polo organismo afectado, a saber, Patrimonio Cultural. A día desta resolución, non consta no expediente resposta do organismo afectado, é dicir, o concello, á emisión do condicionado solicitado.
5. O día 27.9.2024 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro) e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).
• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
Terceira. Características técnicas:
As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no lugar da Capela, no concello de Valdoviño.
– Desmonte dos actuais apoios nº 143 (matrícula AQE6WX16) de formigón tipo HV-1000/10, nº 144 (matrícula AQCPJPIV) de formigón tipo HV-1000/10, nº 145 (matrícula AQBODW2O) de formigón tipo HVH-1600/14, nº 146 (matrícula AQBEN6CL) de formigón tipo compás, nº 147 (matrícula AQA90OJ8) de formigón tipo HV-1000/10 e nº 149 (matrícula AQ64BGNQ) de formigón tipo HV-400/13. Esta operación implicará a desconexión e retirada de 155 metros de condutor tipo LA-56 tendido entre os apoios nº 143 e nº 145 e de 400 metros de condutor tipo LA-110 tendido entre os apoios nº 145 e nº 149.
– Os actuais apoios nº 143 e nº 145 serán substituídos (o apoio que se vai situar na localización do 145 redenomínase 144), respectando o seu actual emprazamento, polos apoios metálicos tipo AL-AM-C-1000/16-H35-CA (CS)III e FL-C-3000/16-H35-CAIII, respectivamente. No novo apoio nº 144 proxéctase a instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) con xogo de pararraios autoválvulas.
– Baixo a actual traza do treito da LMT CRN-708A de referencia, proxéctase a instalación dun novo apoio nº 148-X1 metálico tipo AL-AC-C-3000/14-H35-CA (CS)III, no cal se instalará un paso aéreo-soterrado (PA/S).
– O actual apoio nº 149 será substituído, respectando o seu actual emprazamento, polo apoio metálico tipo AL AM-C-1000/14-H35-CA (CS)III.
– Rematadas as anteriores actuacións, proxéctase o tendido de 155 metros de novo condutor tipo LA-56 no van comprendido entre os novos apoios nº 143 e nº 144 e de 125 metros de novo condutor tipo LA-110 no van comprendido entre os novos apoios nº 148-X1 e nº 149.
– Retensado do condutor tipo LA-56 (existente) no treito aéreo da LMT CRN-708A, de 93 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 142 existente e o novo apoio nº 143 proxectado.
– Retensado do condutor tipo LA-110 (existente) no treito aéreo da LMT CRN-708A, de 58 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 148 existente e o novo apoio nº 148-X1 proxectado.
– Retensado do condutor tipo LA-110 (existente) no treito aéreo da LMT CRN-708A, de 91 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 149 proxectado e o apoio nº 150 (matrícula AQ3IQNJL) existente.
– Instalación da LMT soterrada, a 15 kV, de 370 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1 x 240 mm² Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) que se vai instalar no novo apoio nº 144 proxectado e remate no paso aéreo-soterrado (PA/S) que se vai instalar no novo apoio nº 148-X1.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 18 de outubro de 2024
O director territorial da Coruña
P.A. (Artigo 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio;
DOG núm. 101, do 27 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servizo de Industria
ANEXO
Regulamentación LMTA CRN-708A (Valdoviño) apoios AQBEN6CL//146 e AQA90OJ8//147
Relación de bens e dereitos afectados-concello de Valdoviño
|
Parcela proxecto |
Persoa propietaria/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (LMT aérea-apoios) |
LMT aérea-Voo (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
|
Nº do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude |
Superficie (m2) |
|||||
|
1 |
Descoñecida |
Polígono 502, parcela 439 |
Amedo |
143 |
2 |
Labor ou labradío secaño |
||
|
2 |
Descoñecida |
5963705NJ6266S0001HI |
Taraza |
144 (PA/S) |
14 |
Urbano. Solo sen edificar |
||
|
3 |
Descoñecida |
Polígono 502, parcela 490 |
Lagoas |
148-X1 (PA/S) |
14 |
Labor ou labradío secaño |
||
|
4 |
José González Carneiro |
Polígono 502, parcela 527 |
Vilanova |
149 |
14 |
Labor ou labradío secaño |
||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m².
m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m².
