DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2024 Páx. 60700

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

ORDE do 11 de novembro de 2024 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 12 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento BS614B).

O 19 de abril de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 78) a Orde do 12 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento BS614B).

No artigo 2 da dita orde establécese que ás axudas obxecto desta convocatoria se destina un orzamento total de 880.000,00 euros, que se imputarán á aplicación orzamentaria 11.05.312D.480.3.

A dita orde establece ademais que, de acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, excepcionalmente se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. A ampliación do crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Dada a insuficiencia de crédito da Orde do 12 de abril de 2024 para facer fronte ao importe que supón atender todas as solicitudes presentadas, parece oportuno incrementar o crédito para atendelas todas, o que se executa mediante unha transferencia de crédito con cargo á aplicación orzamentaria 38.05.312D.480.3.

Con este incremento preténdese estender os beneficios do programa Respiro Familiar ao maior número de persoas coidadoras posible e facilitarlles deste xeito a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron conferidas, unha vez declarada a dispoñibilidade de crédito, vistos a Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro,

RESOLVO:

Artigo único. Incremento do crédito

Increméntase o crédito destinado ao financiamento das axudas previstas na Orde do 12 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento BS614B).

O importe total do dito incremento, que se realizará mediante unha transferencia de crédito con cargo á aplicación orzamentaria 38.05.312D.480.3, é de 235.000,00 euros.

O crédito orzamentario total asignado para estas axudas tras a ampliación é de 1.115.000,00 euros e financiarase con cargo á seguinte aplicación orzamentaria:

Aplicación orzamentaria

Importe inicial

Ampliación de crédito

Importe total

38.05.312D.480.3

880.000,00 €

235.000,00 €

1.115.000,00 €

A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2024

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade