DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2024 Páx. 60702

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT207A).

O 29 de xaneiro de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 20 a Resolución do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT207A).

A Resolución do 28 de decembro de 2023 establece un crédito para o financiamento desta convocatoria de 2.500.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0 no código de proxecto 2010 00005, do orzamento de gasto da Axencia Galega das Industrias Culturais, e posibilita que os importes previstos poidan ser incrementados ao longo do exercicio orzamentario, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia, e tras a declaración previa de dispoñibilidade de crédito, logo da modificación orzamentaria que proceda.

Ao abeiro deste artigo, mediante a Resolución do 21 de xuño de 2024, publicouse no Diario Oficial de Galicia do 28 de xuño do 2024 a modificación das bases reguladoras para incrementar o crédito destinado a financiar esta convocatoria de subvencións, co obxectivo de posibilitar un maior número de persoas beneficiarias.

Con posterioridade a este feito, ten lugar a comunicación do director xeral del Instituto da Cinematografía e as Artes Visuais (ICAA), en que indica que a dotación económica do fondo para o fomento da produción, distribución, exhibición e promoción do audiovisual en lingua cooficial distinta ao castelán que recibirá a Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024 é de 606.096,41 euros.

Polo exposto, e para poder dar cumprimento ás obrigas que implica a aceptación deste crédito, proponse a modificación da fonte de financiamento de parte do importe total destinado a esta convocatoria segundo se reflicte no cadro de financiamento, así como a inclusión de novas obrigas ás persoas beneficiarias no que atinxe á publicidade e difusión das actuacións efectuadas con cargo á axuda concedida.

Así pois, de acordo co anterior e co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, así como os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións, e en virtude das atribucións que me foron concedidas,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o artigo 3 da convocatoria, que queda redactado como segue:

«Artigo 3. Financiamento, contías máximas e intensidade das axudas

Os créditos dispoñibles para o financiamento desta convocatoria imputaranse aos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais para 2024, na aplicación, código de proxecto, fonte de financiamento, importes e distribución que se reflicte no cado seguinte:

Aplicación orzamentaria

Anualidade

Código de proxecto

Fonte de finanaciamento

Importe

Total

10.A1.432B.770.0

2024

2010 00005

FCA

461.323,53 €

641.323,53 €

2024 00003

Fondos finalistas do Estado

180.000,00 €

2025

2010 00005

FCA

412.705,89 €

838.705,89 €

2024 00003

Fondos finalistas do Estado

426.000,00 €

2026

2010 00005

FCA

555.117,62 €

555.117,62 €

2027

2010 00005

FCA

964.852,96 €

964.852,96 €

Total

3.000.000,00 €»

Segundo. Modificar os números 1 e 2 do artigo 3 das bases reguladoras, que quedan redactados como segue:

«Artigo 3. Financiamento

1. O importe global máximo para o financiamento desta convocatoria será de 3.000.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0 do orzamento de gasto da Axencia Galega das Industrias Culturais, dos cales 2.394.000,00 € se imputarán ao código de proxecto 2010 00005 e 606.000,00 € ao código de proxecto 2024 00003 .

2. Esta convocatoria ten carácter plurianual, polo que os créditos deben asignarse por categorías e anualidades. Esta asignación reflíctese no cadro seguinte:

 

2024

2025

2026

2027

Total

Categoría A: longametraxe cinematográfica (ficción, animación, documental)

356.323,53 €

477.705,89 €

411.117,62 €

964.852,96 €

2.210.000,00 €

Categoría B: longametraxe en coprodución internacional con participación minoritaria (ficción, animación, documental)

20.000,00 €

60.000,00 €

120.000,00 €

 

200.000,00 €

Categoría C: curtametraxes (ficción, animación, documental)

9.000,00 €

81.000,00 €

 

 

90.000,00 €

Categoría D: obras audiovisuais para TV e plataformas (longametraxes e series de ficción, series de animación, series documentais)

256.000,00 €

220.000,00 €

24.000,00 €

 

500.000,00 €

Total

641.323,53 €

838.705,89 €

555.117,62 €

964.852,96 €

3.000.000,00 €»

Terceiro. Modificar os números 6 e 7 do artigo 20, que quedan redactados como segue:

«Artigo 20. Obrigas das persoas beneficiarias

...

6. Nos títulos de crédito iniciais da produción deberá figurar en cartón único: “Coa subvención da Xunta de Galicia e do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, utilizando a imaxe gráfica corporativa que se descargará das páxinas oficiais de ambos os dous organismos. Así mesmo, en todos os materiais de promoción, distribución e publicidade da obra (carteis, músicas, portadas e outros materiais) farase constar que a produción foi subvencionada pola Xunta de Galicia e o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, utilizando igualmente as marcas principais. Cando se trate de series de ficción, animación ou documentais, a lenda e a marca figurarán no primeiro capítulo e nos créditos finais dos restantes.

7. Facer constar na súa publicidade, incluída a realizada a través de páxinas web, ou na información que xeren en relación co proxecto subvencionado, o financiamento dos seus proxectos pola Xunta de Galicia e o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais. Os custos correspondentes á dita publicidade serán por conta da persoa beneficiaria da subvención».

Disposición adicional única

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o presidente do Consello Reitor, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2024

José Carlos López Campos
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais