DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2024 Páx. 60867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Mazaricos (expediente IN407A 2023/391-1).

Expediente: IN407A 2023/391-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: alimentación en MT de novo CTI e RBT Pazos.

Concello: Mazaricos.

Feitos:

1. O día 19.9.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de atender a reclamación ES-202002-R005414973 do lugar de Alborés (San Mamede), concello de Mazaricos, e de mellorar a calidade da subministración eléctrica, proxéctase para instalación dun novo centro de transformación de intemperie de 100 kVA de potencia para instalar en novo apoio de tipo metálico, unha nova liña de media tensión aérea que o conectará coa liña de media tensión de distribución LMT POT803 Mazaricos-Pino do Val, 3 (IN407A 2016/2399-1), procedente da subestación Pontella, a substitución de varios vans e apoios da dita liña, e nova liña de baixa tensión que o conectará coa rede de baixa tensión existente na zona.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado alimentación en MT de novo CTI e RBT Pazos, asinado o día 19.4.2024 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado LE-1010, e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 30.11.2023.

• BOP: 14.11.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 10.11.2023.

• Con datas do 4.11.2023 e do 8.7.2024 solicitouse ao Concello de Mazaricos a exposición pública do proxecto e a correspondente acreditación de realización dese trámite, sen que conste no expediente a emisión da dita certificación.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Mazaricos e Augas de Galicia. Non consta no expediente, a día de hoxe, contestación do organismo á solicitude de condicionado.

5. O día 4.10.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Alborés (San Mamede), concello de Mazaricos, e as súas características técnicas son as seguintes:

• LMTA (actuación 1): retensado do tramo a 20 kV, condutor tipo LA-30, da LMT POT803 Mazaricos-Pino do Val, 3 (IN407A 2016/2399-1), procedente da subestación Pontella, comprendido entre os apoios existentes nº 9LHPN04V//123-B14-25, tipo HV-250/14, e nº 9LJX8OFJ//123-B14-26, tipo HV-250/14.

• LMTA (actuación 2): substitución tramo a 20 kV, de 272 m, por condutor tipo LA-56 Al (existente LA-30), coa orixe no apoio nº 9LJX8OFJ//123-B14-26 existente e remate no apoio nº 9LOKDNH5//123-B14-28 tipo HV-250-14 para substituír por tipo C-2000/16.

• LMTA (actuación 3) a 20 kV, de 458 m, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio nº 9LLTKQXC//123-B14-27 tipo HV-250-14, para substituír por tipo C-2000/16 e en que se instalará un curtacircuítos de expulsión XS, e remate no apoio nº 9LLTKQXC//123-B14-27-4 proxectado tipo C-3000/14. Instalación dos apoios nos vans intermedios nº 9LLTKQXC//123-B14-27-1, tipo C-2000/14, e nº 9LLTKQXC//123-B14-27-2 e nº 9LLTKQXC//123-B14-27-3 ambos de tipo C-1000/12.

• LMTA (actuación 4): retensado do tramo a 20 kV, condutor tipo LA-30, comprendido entre os apoios existentes nº 9LOKDNH5//123-B14-28 proxectado e nº 9LS2LLRO//123-B14-29 tipo HV-250/14 existente.

• CT de intemperie no lugar de Alborés, cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V, para instalar no apoio nº 9LLTKQXC//123-B14-27-4 proxectado.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 18 de outubro de 2024

O director territorial da Coruña
P.A. (Artigo 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio,
DOG nº 101, do 27 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servizo de Industria da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados, concello de Mazaricos

Alimentación en MT de novo CTI e RBT Pazos

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Manuel Torres

Maneiro

15046A502002980000PP

Xestal

Novo apoio

nº 23-B14-27

2

4,87

35,73

Prado

3

Victoriano Otero

Maneiro

15046A510009830000PT

A Costa

Novo apoio

nº 23-B14-27-1

2

68,36

1.092,95

Prado ou pradarías

4

María Otero Martínez

15046A510009800000PQ

Abaixo da Costa

Novo apoio

nº 23-B14-27-2

2

77,71

1.231,84

Labor ou labradío de secaño

5

Elisa Torres Loureiro

15046A510009820000PL

Abaixo da Costa

18,6

301,29

Prado ou pradarías

6

Dolores Rodríguez

Maneiro

15046A510009560000PR

Abaixo da Costa

64,56

1.034,21

Prado ou pradarías

7

Manuel Maneiro Pais

15046A510009540000PO

Abaixo da Costa

55,16

882.63

Prado ou pradarías

11

Descoñecido

15046A510020040000PD

Abaixo da Costa

9,69

106,12

Prado ou pradarías

14

María Teresa Couso Torres

15046A502002990000PL

Xestal

77,35

Prado ou pradarías

15

María del Carmen

Antelo Villar e

Victoriano Otero

Maneiro

15046A502003000000PL

Xestal

42,79

Labor ou labradío de secaño

16

Antonio Otero París

15046A502003010000PT

Xestal

6,90

Matogueira

17

Rosario Maneiro Blanco

15046A502003020000PF

Xestal

2,88

18

Marcos Rodríguez

Ferreiro

15046A502003040000PO

Xestal

28,59

441,04

Labor ou labradío de secaño