DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2024 Páx. 60943

II. Autoridades e persoal

c) Substitucións

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 187/2024, do 15 de novembro, polo que se encarga o despacho dos asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Con motivo da ausencia do presidente da Xunta de Galicia, por mor dunha viaxe á República Federativa do Brasil, cómpre prover a súa substitución durante o tempo de duración desta.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e conforme o establecido no Decreto 44/2024, do 14 de abril, polo que se nomean os titulares das consellerías da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único

Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe á República Federativa do Brasil, encárgaselle o despacho dos asuntos da Presidencia, ata o seu regreso, ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Santiago de Compostela, quince de novembro de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente