DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2024 Páx. 61272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cambados (expediente IN407A 2023/505-4).

Expediente: IN407A 2023/505-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: soterramento LMT CBD804 e instalación de dous CCTT e dous CCSS.

Concello: Cambados.

Feitos:

1. O 16.11.2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica denominada Soterramento LMT CBD804 e instalación de dous CCTT e dous CCSS.

A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado polo enxeñeiro técnico industrial Tito Arias Santos, colexiado LE-1010 do COIILE, e en que figura un orzamento total de 344.831,01 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste no soterramento da liña de media tensión aérea (LMTA) CBD804 As Inas 4, mediante as seguintes actuacións no porto de Tragove, en Corvillón, no concello de Cambados (Pontevedra):

– Retirada dos centros de transformación Tragove (36CJ17) de 100 kVA e Benito Fernández (36PV67) de 100 kVA.

– En substitución dos centros de transformación retirados, instalaranse dous centros de transformación de tipo convencional telecontrolados 3L1P de 250 kVA de potencia con envolvente prefabricado en formigón.

– Instalación dun centro de seccionamento (CS) 3L alimentado desde o CT proxectado Tragove e que alimentará o centro de transformación estación depuradora de Cambados (36PNN0) e o outro centro de seccionamento proxectado de 4L.

– Instalación dun centro de seccionamento 4L alimentado desde o CS 3L proxectado e que alimentará os centros de transformación Guadalupe Somoza (36PU55), Pedro Jiménez (36PJ19) e Benito Fernández proxectado.

– Retirada dos seguintes apoios: EUTF9DEJ, EUTCDRNH, EUTDCCCN, EUTDCCEK, 9QUFDJW4//52-20-3-1, EUTCDRUF, EUT9IAAE, EUUT28RI, EVO711M6 e EV0540KE.

– Desmontaxe dos seguintes tramos: entre os apoios EUQU7DG2 e EUTF9DEJ; entre os apoios EUTF9DEJ e EUV4MCUL; entre os apoios EUTF9DEJ e EUTDCCEK; entre os apoios EUTDCCEK e 9QUFDJW4//52-20-3-1; entre os apoios EUTDCCEK e EUTRM51E; entre os apoios EUTRM51E e EUU48Q4K; entre os apoios EUU48Q4K e EUVKT716; entre os apoios EUVKT716 e EV0711M6; e entre os apoios EUVKT716 e EV0540KE.

– Instalación dunha liña de media tensión subterránea (LMTS) de 1.228 metros.

2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Cambados, Portos de Galicia e o Servizo de Urbanismo. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido por Portos de Galicia.

O Servizo de Urbanismo informou que o 22.11.2023 iniciou a tramitación do expediente A-P-2023/283 de autorización administrativa na zona de servidume de protección do dominio público relacionado coas obras de soterramento do tramo da liña aérea CBD804 en Cambados e que unha vez recaia resolución no expediente será trasladada unha copia a este departamento territorial.

O Concello de Cambados non emitiu o condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas.

1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm² Al, en 10 actuacións:

1. De 298 metros, coa orixe no apoio existente EUQU7DG2 e final no centro de transformación proxectado número 1 (CT1) Tragove.

2. De 23 metros, coa orixe no CT1 proxectado e final no apoio existente nº EUV4MCUL.

3. De 161 metros, coa orixe no CT1 proxectado e final no centro seccionamento proxectado 1 (CS1).

4. De 175 metros, coa orixe no CS1 e final no centro de seccionamento proxectado 2 (CS2).

5. De 13 metros, coa orixe no CS1 e final no centro de transformación existente 36PNNO.

6. De 25 metros, coa orixe no CS2 e final no apoio existente EUTRM51E.

7. De 36 metros, coa orixe no CS2 e final no apoio existente EUU48Q4K.

8. De 302 metros, coa orixe no CS2 proxectado e final no centro de transformación proxectado número 2 (CT2) Benito Fernández.

9. De 77 metros, coa orixe no CT2 proxectado e final no empalme coa LMTS CBD804 que vai cara ao centro de transformación existente 36CFM8.

10. De 118 metros, coa orixe no CT2 proxectado e final no apoio existente EUU74C5F.

– Centro de transformación 1 (CT1) a 250 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado no porto de Tragove (substitúe o centro de transformación tipo pombal 36CJ17).

– Centro de transformación 2 (CT2) a 250 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado no porto de Tragove (substitúe o centro de transformación intemperie 36PV67).

– Centro de seccionamento (CS1) con celas compactas e corte en SF6 (3L dúas telecontroladas), situado no porto de Tragove.

– Centro de seccionamento (CS2) con celas compactas e corte en SF6 (4L tres telecontroladas), situado no porto de Tragove.

– As instalacións están situadas en Corvillón, no porto de Tragove, no concello de Cambados (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Soterramento LMT CBD804 e instalación de dous CCTT e dous CCSS, expediente IN407A 2023/505-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

2. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

3. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado de dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

5. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 24 de outubro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra