A Orde do 27 de decembro de 2023 (DOG núm. 35, do 19 de febreiro de 2024), conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, estableceu as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e procedeu á súa convocatoria para o exercicio 2024.
A Resolución do 1 de xullo de 2024 (DOG núm. 133, do 10 de xullo) adxudicou as axudas de apoio á etapa predoutoral ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no seu anexo I.
O artigo 20 das bases da convocatoria establece que, no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala, mediante escrito motivado da persoa seleccionada, dirixido á Secretaría Xeral de Universidades ou á Axencia Galega de Innovación, segundo corresponda, dentro do prazo máximo de 15 días desde que se produza, e que se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 30 de setembro de 2024. No mesmo artigo tamén se indica que para cubrir estas renuncias se seguirá a prelación das listas de espera definidas no artigo 11.7, tendo en conta que soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións e polo tempo restante de aproveitamento da axuda.
En consecuencia, atendendo á renuncia recibida na Axencia Galega de Innovación,
RESOLVO:
Primeiro. Aceptar a renuncia presentada pola entidade beneficiaria das axudas de apoio á etapa predoutoral para o ano 2024, correspondente á persoa seleccionada que se relaciona no anexo I.
Segundo. Adxudicar a axuda á entidade e á persoa candidata situada no primeiro lugar da lista de espera desta convocatoria, que se relaciona no anexo II.
Terceiro. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as entidades beneficiarias alleas ao SUG, de acordo coa renuncia indicada e a nova axuda procedente da lista de espera, tal como se indica na seguinte táboa:
|
Aplicación orzamentaria |
Acrónimo entidade* |
Núm. axudas |
Crédito (en euros) |
|||||
|
2024 |
2025 |
2026 |
2027 |
2028 |
Total |
|||
|
09.A2.561A.403.0 |
IIM-CSIC |
2 |
13.600,00 |
50.800,00 |
60.000,00 |
52.500,00 |
54.300,00 |
231.200,00 |
|
09.A2.561A.443.29 |
FBGS |
2 |
13.600,00 |
50.800,00 |
58.000,00 |
52.500,00 |
54.300,00 |
229.200,00 |
|
09.A2.561A.443.28 |
FIDIS |
5 |
27.200,00 |
123.400,00 |
151.400,00 |
133.133,34 |
131.333,33 |
566.466,67 |
|
09.A2.561A.443.25 |
INIBIC |
3 |
20.400,00 |
76.200,00 |
93.000,00 |
78.750,00 |
81.450,00 |
349.800,00 |
|
Total |
12 |
74.800,00 |
301.200,00 |
362.400,00 |
316.883,34 |
321.383,33 |
1.376.666,67 |
|
A relación de acrónimos das entidades solicitantes citados na táboa anterior é a seguinte:
|
Acrónimo da entidade |
Denominación completa |
NIF |
|
IIM-CSIC |
Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC |
Q2818002D |
|
FBGS |
Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur |
G36911972 |
|
FIDIS |
Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela |
G15796683 |
|
INIBIC |
Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC |
G15335219 |
Cuarto. Declarar extinguida a lista de espera ao abeiro desta convocatoria.
Quinto. A data de comezo do novo contrato será o día 1 de decembro de 2024 e a súa duración será dun mínimo dun ano e dun máximo de catro.
Sexto. A entidade beneficiaria da nova axuda deberá remitir un escrito de aceptación á Axencia Galega de Innovación, no prazo de 10 días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e vinculará a persoa seleccionada ao organismo mediante a formalización do correspondente contrato.
Sétimo. O artigo 16 das bases da convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.
Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que esta se presentase ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de 10 días. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.
Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2024
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades
e Formación Profesional e presidente da Axencia Galega de Innovación
P.D. (Artigo 20 da Orde do 27.12.2023)
Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación
ANEXO I
Renuncia á axuda concedida
|
Núm. exp. |
Entidade |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
NIF/NIE |
Zona estadía |
Data da renuncia |
|
IN606A-2024/024 |
IIM-CSIC |
Papadopoulo |
- |
Kenn |
****1871* |
3 |
Non chegou a asinar o contrato |
ANEXO II
Axuda da lista de espera concedida
|
Núm. exp. |
Entidade |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
NIF/NIE |
Zona estadía |
Puntuación |
|
IN606A-2024/016 |
FIDIS |
Fernández |
Ceballos |
María de los Ángeles |
***1220** |
2 |
77,9360 |
