DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2024 Páx. 61434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 18 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se somete ao trámite de información pública o documento denominado Anexo para información pública complementaria do eixe de mobilidade sostible en Santiago de Compostela, treito Milladoiro-Estación Intermodal, actuación financiada polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU, de clave AC/22/085.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto.

Antecedentes:

Mediante a Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, do 7 de outubro de 2021, e a súa posterior modificación do 28 de outubro de 2022, encoméndaselle á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión técnica dos proxectos referidos a actuacións de fomento da mobilidade sostible en contornas urbanas e metropolitanas.

O 3 de xaneiro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 2, o Anuncio do 21 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se someteu ao trámite de información pública o proxecto de trazado do eixe de mobilidade sostible en Santiago de Compostela, treito O Milladoiro-Estación Intermodal, de clave AC/22/085.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

O 31 de marzo de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 64 a Resolución do 24 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de marzo de 2023, polo que se aproba definitivamente o dito proxecto de trazado, coas seguintes modificacións respecto do sometido a información pública:

• Na contorna do lugar do Reiro reducirase a superficie que se deberá expropiar á metade, coa finalidade de minimizar as afeccións.

• Dado que non existe outro trazado viable que sexa funcional, manterase o paso pola contorna do río Sar e do recinto do atigo mosteiro de Conxo, pero reducirase ao máximo a súa implantación e configuración, coas seguintes actuacións para minimizar a afección na contorna:

– Elimínanse as pasarelas sobre o río Sar, e empregaranse para o cruzamento as pontellas existentes. A continuidade na contorna da fonte da Virxe da Cuncha será mediante unha conexión exenta de movemento de terras, e regularizarase o terreo para a pavimentación, co fin de afastar o itinerario deste elemento.

– No contorno do antigo Mosteiro de Conxo utilizarase a plataforma do camiño existente, sen ampliar a explanación. O pavimento será o máis natural posible, sempre que se manteña a súa funcionalidade mediante as correspondentes tarefas de mantemento e limpeza que permitan a circulación de vehículos de mobilidade persoal (VMP).

– No paso por baixo da estrada de Deputación, darase continuidade ao itinerario, acondicionando e limpando o contorno coa finalidade de mellorar o degradado aspecto que presenta na actualidade.

– Elimínase a conexión co barrio de Conxo, que quedará pendente de desenvolvemento en consenso e coordinación co Plan especial de protección e rehabilitación da igrexa, hospital psiquiátrico e mosteiro de Conxo, cos seus xardíns e hortas, zonas de acceso e núcleos de contorno, que actualmente se atopa en fase de tramitación ambiental.

Respecto desta nova información pública complementaria, e aínda que sobre o trazado emitira informe previamente a corporación municipal de Santiago de Compostela, a nova corporación transmitiu a preocupación pola oposición veciñal no paso próximo ao Banquete de Conxo, a pesar de que a parte limítrofe co predio do mosteiro discorre por unha pista executada hai pouco tempo polo concello, sen practicamente ningunha modificación con respecto á actual configuración.

Non obstante, a vontade desta actuación é a de acadar o máximo consenso, polo que se propón un novo trazado con características xeométricas menos favorables que o trazado inicial, e que precisa dunha reordenación do aparcadoiro do hospital de Conxo para non reducir o número de prazas, pero que permite afastarse da zona do Banquete de Conxo.

Así mesmo, modifícase o trazado na zona das hortas urbanas na contorna da Estación Intermodal, que atende unha petición municipal.

Mediante o Decreto 49/2024, do 22 de abril, que fixa a estructura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, a Dirección Xeral de Mobilidade pasa a depender da Consellería de Presidencia, Xusticia e Deportes, pero mantense a encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas da xestión técnica das actuacións.

Polo exposto, mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 15 de novembro de 2024 realizouse a aprobación técnica previa do anexo de información pública do documento referido, que se tramitará segundo o disposto nos artigos 19 e seguintes da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o documento denominado Anexo para información pública complementaria do eixe de mobilidade sostible en Santiago de Compostela, treito Milladoiro-Estación Intermodal, actuación financiada polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU, de clave AC/22/085.06, nos concellos de Ames e Santiago de Compostela (A Coruña), para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, mediante escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 21 da Lei 18/2021.

Segundo. Someter ao trámite de información publica a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, a rectificación dos posibles erros da relación publicada ou oporse á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos aos da relación para o fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto á información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación do proxecto estará á disposición da cidadanía nas sedes centrais da Dirección Xeral de Mobilidade e da Axencia Galega de Infraestruturas, nas casas dos concellos de Ames e Santiago de Compostela e na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, onde tamén se atopa un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Así mesmo, o documento publicarase na páxina web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes:

https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/mobilidade

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2024

Judit Fontela Baró
Directora xeral de Mobilidade

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Anexo para información pública complementaria do eixe de mobilidade sostible
en Santiago de Compostela. Treito Milladoiro-Estación Intermodal

Clave: AC/22/085.06

Concello de Santiago de Compostela

Referencia catastral

Políg.

Parc.

Titular

NIF

Sit. básica do solo (RDL 7/2015)

Expropiación
m2

Bens afectados

Cant.

Ud.

Descrición

INOR175

15079A18609002

186

9002

Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana

S2800569B

Rural

723,66

INOR176

15079A18600320

186

320

En investigación

-

Rural

362,75

8

Ud.

Arboredo madeirable (eucaliptal)

INOR177

15079A18600191

186

191

Carmen Prieto Mareque

***9520**

Rural

303,07

INOR180

15079A18600301

186

301

ADIF

Q2801660H

Rural

475,28

INOR181

15079A18609001

186

9001

Desconto

-

Rural

153,67

INOR182

15079A18600182

186

182

Rosalía Viña Guiance

***4416**

Rural

144,95

INOR209

15079A17909004

179

9004

Desconto

-

Rural

187,68

INOR222

15079A17900060

179

60

Raquel Guldrís Rodríguez

***3108**

Rural

33,22

INOR294

7465186NH3476E

74651

86

Concello de Santiago de Compostela

P1507900G

Rural

1.702,41

COMP001

15079A17900059

179

59

María Guldrís Mosquera

***3884**

Rural

27,51

COMP002

15079A17900381

179

381

Carmen Mosquera Iglesias

-

Rural

90,00

5

m3

Muro de pedra e terra

COMP003

15079A17900382

179

382

En investigación

-

Rural

36,00

COMP004

15079A17900044

179

44

Victoria Monteagudo Baluja (hros.)

***7184**

Rural

102,00

2

Ud.

Arboredo madeirable

COMP005

15079A17900380

179

380

Rosario del Carmen Mayo Fernández

***8783**

Rural

70,00

2

Ud.

Arboredo madeirable

COMP006

15079A17900379

179

379

Rosario del Carmen Mayo Fernández

***8783**

Rural

54,00

5

Ud.

Arboredo madeirable

COMP007

15079A17900043

179

43

María Teresa Otero Guldrís

***0565**

Rural

126,43

COMP008

15079A17900045

179

45

Antonio Sánchez Monteagudo

***2238**

Rural

138,00

8

Ud.

Arboredo madeirable

COMP009

001703800NH34F0001PZ

Xunta de Galicia

S1511001H

Urbanizado

5.064,42