DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2024 Páx. 61767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 6 de novembro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, polo que se lles notifica ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo polos servizos sanitarios prestados no Hospital da Barbanza.

Por medio deste anuncio, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro ou que se alegaron distintos motivos para non recibiren as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES61 0081 5363 21 0001082819 do Banco Sabadell, S.A. nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a esta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, sirva de notificación aos interesados e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo este anuncio. A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Ribeira, 6 de novembro de 2024

Ángel Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

ANEXO

DNI/NIF

Concepto

Período

Deuda

Y05675482C

Fra. 202430263

10.4.2024

361,59

Y05675482C

Fra. 202430266

10.4.2024

2.989,92

Y05675482C

Fra. 202430267

10.4.2024

361,59

052936716P

Fra. 202430420

11.6.2024

401,94

Z01529801F

Fra. 202430754

24.9.2024

401,94