DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2024 Páx. 61769

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica de comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión de biomasa, a fin de que no prazo de 15 días, que comezarán a contarse ó día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial de Estado, os interesados no procedemento procederan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do suelo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada Lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio do taboleiro edictal único (TEU) do Boletín Oficial de Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de San Cibrao das Viñas, (Área de Medio Ambiente), situadas en Praza da Constitución, das 9.00 as 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. expediente

Referencia catastral

Ubicación

Interesada

1577/2024

32076A501110220000YG

Montelongo de Arriba

Marina Rodríguez Rodríguez

San Cibrao das Viñas, 5 de novembro de 2024

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa