Na sesión que tivo lugar o 12 de novembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución da Presidencia da entidade pública empresarial (EPE) Portos de Galicia, do 29 de maio de 2023, feita pública no Diario Oficial de Galicia número 108, do 8 de xuño, para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso nos postos de traballo na EPE Portos de Galicia que se indican na Resolución do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 246, do 28 de decembro), modificada pola Resolución do 23 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 28, do 9 de febreiro),
RESOLVE:
Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso nos postos de traballo que se indican no anexo a esta resolución, por orde das puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
A relación de aspirantes que superaron os procesos selectivos publícase no portal web corporativo da EPE Portos de Galicia https://portosdegalicia.gal na epígrafe Transparencia e goberno aberto/convocatoria de procesos selectivos.
De conformidade co previsto na base III.4 da convocatoria, e para asegurar a cobertura de vacantes de se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano competente poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal laboral fixo.
As persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, para presentaren a seguinte documentación no caso de que non fose presentada ou validada previamente.
A) Copia auténtica do título exixido na base 1.2 ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentar credencial da súa validación ou homologación, ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión.
B) Informe sobre o estado de saúde que acredite que a persoa aspirante non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
As persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación ou do seu exame se deduza que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 1.2, non poderán ser nomeadas persoal laboral fixo da EPE Portos de Galicia, e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.
Segundo. Elevar a dita relación de aspirantes á Presidencia da EPE Portos de Galicia para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo da entidade e asinen os respectivos contratos.
De acordo co previsto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Presidencia da EPE Portos de Galicia, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2024
Andrés Daniel Cervantes Refojos
Presidente do tribunal
ANEXO
Postos de persoal laboral da EPE Portos de Galicia dos que se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo
|
Denominación do posto |
Grupo |
|
Técnico en Comunicación e Relacións Externas/grao ou licenciatura en Xornalismo |
I |
|
Xefe unidade/grao ou licenciatura en Dereito |
I |
|
Enxeñeiro/a camiños, canais e portos |
I |
|
Xefe/a Zona Sur/enxeñeiro/a camiños, canais e portos |
I |
|
Enxeñeiro/a técnico topografía |
II |
|
Celador/a gardapeiraos |
III |
|
Condutor/a-conserxe/bacharelato/FP2 ou equivalente |
III |
|
Administrativo/a |
III |
|
Delineante/técnico/a ou equivalente |
III |
|
Técnico/a en seguridade//bacharelato |
III |
|
Axudante topógrafo/FP2/ técnico/a superior DPU e OT |
III |
|
Vixilante de obras/FP2 |
III |
|
Auxiliar administrativo/ESO, técnico/a ou equivalente |
IV |
