Mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (DOG núm. 244, do 26 de decembro). Esta resolución foi modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo e no DOG núm. 87, do 8 de maio).
A base III.3 da Resolución do 22 de decembro de 2022 establece que, rematada a fase de baremación, o tribunal publicará no DOG o baremo provisional da fase de concurso do proceso selectivo, con indicación das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que foron baremadas. Contra a baremación provisional, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da dita baremación no DOG.
Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, de ser o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal publicará no DOG a baremación definitiva da fase de concurso.
Mediante a Resolución deste tribunal do 18 de setembro de 2024 (DOG núm. 181, do 19 de setembro) publicouse a baremación provisional da fase de concurso para o ingreso na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro/a forestal.
De conformidade co exposto, examinadas e resoltas as reclamacións das persoas aspirantes a determinados corpos, escalas ou especialidades, en sesión que tivo lugar o 22 de novembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2,
RESOLVE:
Primeiro. Facer pública a baremación definitiva do concurso de méritos dos corpos, escalas e especialidades do subgrupo C2 que se relacionan no anexo desta resolución, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que foron baremadas de acordo coas regras contidas na base III.3 da convocatoria.
A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.
Segundo. De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de emprego público, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2024
Javier Fraga Vázquez
Presidente do tribunal
ANEXO
Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo C2
das cales se publica o baremo definitivo
|
Corpo de auxiliares de carácter técnico |
|
Escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais. Especialidade bombeiro/a forestal |
