DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2024 Páx. 61836

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en categorías do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG número 244, do 26 de decembro). Esta resolución foi modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG número 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG número 64, do 31 de marzo, e no DOG número 87, do 8 de maio).

A base III.3 da Resolución do 22 de decembro de 2022 establece que, unha vez rematada a fase de baremación, o tribunal publicará no DOG o baremo provisional da fase de concurso do proceso selectivo, con indicación das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que foron baremadas. Contra a baremación provisional as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da dita baremación no DOG.

Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, de ser o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal publicará no DOG a baremación definitiva da fase de concurso.

Mediante a Resolución deste tribunal do 18 de setembro de 2024 (DOG número 181, do 19 de setembro) publicouse a baremación provisional da fase de concurso para o ingreso na categoría 33, condutor/a de autobomba de defensa contra incendios forestais.

De conformidade co exposto, unha vez examinadas e resoltas as reclamacións das persoas aspirantes a determinados corpos, escalas o especialidades, na sesión que tivo lugar o 22 de novembro de 2024 o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG número 108, do 5 de xuño) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a baremación definitiva do concurso de méritos da categoría profesional de persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo IV que se relaciona no anexo desta resolución, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que foron baremadas de acordo coas regras contidas na base III.3 da convocatoria.

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.

Segundo. De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de emprego público, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2024

Javier Fraga Vázquez
Presidente do tribunal

ANEXO

Categoría de persoal laboral do grupo IV
en que se publica o baremo definitivo

Categoría profesional

Cat. 33. Condutor/a de autobomba de defensa contra incendios forestais