Expediente: IN407A 2023/246-4.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: substitución dos apoios B0PE6R78//88-A80 e B0SHO7FV//88-A81 da LMT LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11 e RC.
Concello: Dozón.
Feitos:
1. O 27.4.2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada substitución dos apoios B0PE6R78//88-A80 e B0SHO7FV//88-A81 da LMT LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11 e RC.
A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado polo enxeñeiro técnico industrial Tito Arias Santos, colexiado LE-1010 do COIILE, e no cal figura un orzamento total de 24.875,41 euros.
Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións situadas na parroquia do Castro, no concello de Dozón (Pontevedra):
– Instalación dun reconectador-seccionador telecontrolado no apoio B0PE6R78/88-A80 e a retirada do XS 36HJ00 situado no apoio B0UP9VMK//88-A82. Como consecuencia desta actuación será necesario substituír os apoios B0PE6R78/88-A80 e B0SHO7FV//88-A81 por apoios de celosía metálica C-2000/14 e C-2000/18, respectivamente.
– Substitución do tramo de condutor LA-30 entre os apoios proxectados por un novo condutor LA-56 (133 metros).
– Retensado do tramo entre o apoio existente B0M07684//88-A79 e o apoio proxectado C-2000/14 (177 metros).
– Retensado do tramo entre o apoio proxectado C-2000/18 e o apoio existente B0UP9VMK//88-A82 (138 metros).
2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Dozón e Augas de Galicia que non emitiron os condicionados técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.
3. Mediante os escritos do 12.5.2023, este departamento territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da referida instalación eléctrica ás persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.
Naqueles casos en que non foi posible efectuar a notificación ás persoas titulares das parcelas afectadas, publicáronse os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 7.6.2023 e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado do 13.6.2023, co fin de realizar a notificación por comparecencia.
4. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 12.5.2023 publicada nos seguintes medios:
DOG (Diario Oficial de Galicia): 8.6.2023.
Xornal Faro de Vigo: 20.3.2024.
Taboleiro de anuncios do Concello de Dozón, desde o 9.6.2023 ata o 21.7.2023, segundo o certificado emitido polo propio concello.
Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
Durante este trámite non se recibiron alegacións.
5. O 14.3.2024, UFD Distribución Electricidad, S.A. comunicou que chegou a un acordo co propietario da parcela nº 2 da relación de bens e dereitos afectados con referencia catastral 36016A032007070000FX. Coa comunicación presentou unha copia do acordo acadado.
Consideracións legais e técnicas:
1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– Lei 40/2015, do 1 de outubro,de réxime xurídico do sector público.
– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.
3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
– Substitución dos apoios B0PE6R78//88-A80 e B0SHO7FV//88-A81 da LMTA LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11, por un C-2000/14 e un C-2000/18 respectivamente.
– Instalación dun reconectador-seccionador telecontrolado no apoio proxectado C-2000/14 (B0PE6R78//88-A80).
– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 133 metros de lonxitude, coa orixe no novo apoio proxectado C-2000/14 (B0PE6R78//88-A80) e final no novo apoio proxectado C-2000/18 (B0SHO7FV//88-A81).
– Retensado dos vans contiguos aos apoios proxectados (170 e 138 metros de condutor existente LA-30).
A instalación está situada na parroquia do Castro (San Salvador), no municipio de Dozón (Pontevedra).
Conforme ao indicado,
Resolvo:
1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Substitución dos apoios B0PE6R78//88-A80 e B0SHO7FV//88-A81 da LMT LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11 e RC, expediente IN407A 2023/246-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.
2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado de dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 28 de outubro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
Anexo
Relación de bens e dereitos afectados
Concello de Dozón
|
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio (m2) |
|
1 |
Lavandeira |
Labor |
36016A032006880000FW |
Descoñecido/a |
2,00 |
