No Diario Oficial de Galicia núm. 73, do 16 de abril de 2018, publicouse a Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se convocou procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música.
Mediante este anuncio, para xeral coñecemento, publícase a parte dispositiva da Sentenza núm. 681/2020, do 9 de decembro de 2020, ditada no procedemento ordinario 163/2018 pola Sección 1ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que ten o carácter de firme:
«Estimar en parte o recurso contencioso-administrativo interposto por [...] contra a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, coa data do 20 de marzo de 2018, pola que se convoca procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música.
Declarar a nulidade da base cuarta, punto 2, da citada orde de convocatoria por resultar contraria ao ordenamento xurídico.
Anular a referencia recollida nas subepígrafes 3.2.i) e j) do baremo de méritos do anexo I da orde da convocatoria, respecto do concreto particular da exixencia de acreditación a través de certificado de vida laboral da Seguridade Social.
Desestimar, no demais, o recurso contencioso-administrativo interposto».
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2024
Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos
