DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 26 de novembro de 2024 Páx. 62082

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 22 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Cerceda (expediente 2024/203-1).

Expediente: IN407A 2024/203-1.

Solicitante/promotor: Unión Distribuidores Electricidad, S.A.

Denominación: reforma CT A Tablilla 1.

Termo municipal: Cerceda.

1. Características técnicas:

As instalacións atópanse no lugar de A Tablilla, parroquia de San Martiño de Rodís, no concello de Cerceda, e as súas características técnicas son as seguintes:

Para o aumento da potencia do centro de transformación A Tablilla 1 existente son necesarias as seguintes actuacións:

• Desmontaxe do CT intemperie A Tablilla 1 existente, de tipo intemperie sobre apoio de formigón (que se mantén), de 160 kVA e relación de transformación 20/0,4 kA (IN407A 2001/105-1).

• LMTS de 20 kV, condutor RHZ1-20L-12/20 kV-3(1x240 Al), de 40 metros de lonxitude, coa orixe en paso de aéreo a soterrado que se vai instalar no apoio do cal se retira o transformador e final no CT proxectado.

• Novo CT prefabricado de formigón, configuración 2L+1P (unha das celas quedará como reserva), con transformador de 250 kVA e relación de transformación 20/0,4 kV.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 22 de outubro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Cerceda

Reforma CT A Tablilla 1

Nº parcela

Lugar e referencia catastral

Propietario/a

Afección de pleno dominio (CT)

LMT soterrada (servidume de paso de enerxía eléctrica)

Ocupación temporal (m2)

Natureza do terreo

CT

m2

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Pebideira

15024A043003600000HR

Hdros. de Jesusa Cerviño Mariño

4

4

10

Rústico

2

Pebideira

15024A043006190000HS

Manuel Fernández García

CT

31

Rústico